| « | < | Noviembre 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 |
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Próximos eventos
| viernes 21 de noviembre 21:30 h - 22:30 h Xornadas dereitos sociais |
| sábado 22 de noviembre 17:00 h - 18:00 h Xornadas dereitos sociais |
| lunes 24 de noviembre 20:00 h - 21:00 h Preparación da Celebración do Perdón |
| sábado 29 de noviembre 20:00 h - 21:00 h Celebración comunitaria do Perdón |
Horario misas
Luns a sábado: 19.30
Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30
Enquisa
| Obxección Fiscal |
| domingo, 17 de junio de 2007 | |
|
Está a rematar a campaña da Declaración da Renda 2006 e moitos grupos propoñen que usemos esta para denunciar os inxentes gastos militares dos Estados. O modo que propoñen e facer a Obxección Fiscal aos gastos militares nas nosas declaracións é moi sinxelo e pretende fomentar un debate que poña en dúbida os conflitos armados.
A Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado os cartos que este dedica á guerra e á súa preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares. Aínda que non teñamos a obriga de pagar o IRPF, tod@s pagamos impostos cos que, queramos ou non, se financia o militarismo. Do mesmo modo, a OF podemos facela tod@s. E, se non queremos recorrer á OF, aínda podemos reclamar do goberno que o direito a non colaborar cos gastos militares sexa recoñecido e respeitado. Consideramos que o mellor xeito de resolución dos conflitos entre os pobos é o diálogo, a cooperación e a solidariedade.Cremos que o principal camiño para conquerir un mundo en paz é favorecer a xustiza. E non estamos de acordo co destino militarista nen coa forma en que son utilizados os nosos impostos (directos e indirectos). Máis información en: www.nonaogastomilitar.org |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|


