« < Marzo 2010 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

viernes 12 de marzo
21:00 h
- 22:30 h
Charlas de Coresma
sábado 13 de marzo
17:00 h
- 18:30 h
Charlas de Coresma

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Suscrición ao RSS

Inicio arrow Novas arrow Asemblea de Crentes Galeg@s
Asemblea de Crentes Galeg@s
domingo, 31 de enero de 2010

A Coordenadora de Crentes Galeg@s convida a participar na Asemblea de Crentes Galeg@s que terá lugar o sábado día 17 de Abril no Centro Don Bosco (Belvís 2) de Santiago de Compostela.

Este ano escollemos como tema, A nosa vivencia do seguimento de Xesús. Pretendemos compartir neste contexto histórico social no que vivimos, as reflexións sobre a vivencia do noso seguimento de Xesús nos grupos e comunidades que conformamos á Coordenadora.

Unha reflexión aberta a outras persoas e grupos interesad@s en compartir connosco o seu propio ser cristián ou cristiá. Para iso propoñemos como traballo previo a reflexión individual e en grupo sobre estes 5 aspectos:

1.- A nosa vivencia do seguimento de Xesús a nivel persoal

2.-  A nosa vivencia do seguimento de Xesús a nivel grupal

3.- As nosas celebracións

4.- A relación coa sociedade cívil, cos movementos sociais, os nosos quefaceres para facer un mundo máis xusto.

Con estas premisas, o Programa da Asemblea é o seguinte:

10:00 H:  Acollida

10:30 H:  Presentación e Motivación da Asemblea.

11:00 H: Traballo por grupos (sobre os puntos indicados antes).

12:30 H: Descanso

13:00 H: Posta en común e Conclusións do Traballo por Grupos.

14:30 H: Xantar compartido

16:30 H: Celebración

18:00 H: Remate da Asemblea e Informacións varias.

Trátase, máis ca nunca, dunha Asemblea aberta na que gustaríanos moito contar coa túa/vosa participación para enriquecer as nosas reflexións e para ir facendo Camiño conxuntamente.

 
< Anterior   Siguiente >