| « | < | Marzo 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 |
Próximos eventos
| viernes 12 de marzo 21:00 h - 22:30 h Charlas de Coresma |
| sábado 13 de marzo 17:00 h - 18:30 h Charlas de Coresma |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30
Despacho parroquial
A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30
| Grande festa en A Bouza |
| domingo, 21 de junio de 2009 | |
|
Onte, cando o mercurio subía por riba dos 35 ºC, experimentamos de novo o alivio de estar á sombra baixo as frondosas ramas dunha carballeira, como a de A Bouza. E se a tónica xeral foron as altas temperaturas, hai que sumar tamén o calor humano. En torno a unhas 400 persoas de todas as idades achegámonos a participar dunha Festa que é nosa, nesta contorna tan especial, símbolo do noso barrio e onde queremos que se constrúa o noso Centro Cultural. Como estaba previsto, as primeiras sardiñas da temporada foron coméndose ao longo de toda a xornada. As empanadas e as tortillas feitas por voluntarias non podían estar máis ricas. O noso Folclore, Bailes, Gaiteros e pandeteiras de Rueiro, amenizarón a tarde coa súa arte. O xogo da chave tamén tivo a súa protagonismo. Cada vez vai tendo máis adeptos e observouse un ano máis o bo nivel de xogo. Unha xornada que se tardará en esquecer, ata a próxima. Podedes ver as fotos do día na Galería de Imaxes.
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|




