« < Marzo 2010 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

viernes 12 de marzo
21:00 h
- 22:30 h
Charlas de Coresma
sábado 13 de marzo
17:00 h
- 18:30 h
Charlas de Coresma

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Suscrición ao RSS

Inicio
Xornadas Galegas de Economías Éticas o 27 e 28 de xuño en Vigo
jueves, 18 de junio de 2009

As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, De Leite, Verdegaia e Centro Social do Calvario, invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro a nivel galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco, cesión...

O obxectivo destas xornadas é propiciar un contacto entre os grupos e organizacións galegas que traballan para impulsar alternativas económicas viables. O encontro iniciarase a mañá do sábado 27 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e das actividades que estades a desenvolver.

Xornadas Galegas de Economías Éticas: troco e cesión, bancos de tempo, moedas alternativas, ferramentas financeiras solidarias no Centro Social do Calvario, Vigo (rúa Numancia, 3) o 27 e 28 de xuño de 2009.

¿Estamos en crise? O sistema económico neoliberal, baseado no espellismo do crecemento sen freo, na especulación absurda e a depredación do medio afúndese, fagocitándose a si mesmo.

¿Estamos en crise? Os bancos e as multinacionais que esquilman a terra coa súa delirante obsesión polos beneficios ven como se acenden todas as alarmas.

¿Estamos en crise? Os gobernos, cómplices durante décadas do desenvolvismo salvaxe, bótanse as mans á cabeza e declaran que chegou o momento de que a bolsa salvadora do Estado pague as facturas dos especuladores.

¿Realmente estamos en crise ou son eles os que están en crise? E pretenden que, unha vez máis, os cidadáns lles saquemos as castañas do lume.

É tempo de mudanzas. Cando o Estado afúndese, cobran forza unha vez máis os sistemas económicos éticos: propostas claras, viables e sensatas, respectuosas coa contorna, que non confunden benestar con incremento da produción e que apostan pola reciclaxe, a utilización consciente dous recursos, a solidariedade e o ben común.

As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario, invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro galego de economías éticas: bancos de tempo, troco, cesión...

O obxectivo destas xornadas é propiciar un contacto entre os grupos e organizacións galegas que traballan para impulsar una economía ética. O encontro iniciarase a mañá do sábado 27 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e a exposición das actividades que estades a desenvolver. Troco, cesión, bancos de tempo, moedas alternativas, novos instrumentos financeiros solidarios... A economía real, a economía decente.

E, o domingo, realizaremos un roteiro guiado polo espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, en Porriño. Porque a economía é tamén, ecoloxía.

Recórdao: os días 27 e 28 de xuño, implícate connosco en Vigo. Por ti. Por todas.

Programa do sábado 27 de xuño

11:00 - Mercadiño de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ó mercado do Calvario.

14:00 - Xantar conxunto dos asistentes ás xornadas.

16:00 - Asemblea de organizacións de troco, cesión e bancos de tempo.

19:00 - Presentación de ferramentas financeiras éticas (Coop-57, Fiare, etc.).

21:00 - Cea conxunta na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio: actuacións e lecer.

Programa do domingo 28 de xuño

10:00 - Partida cara as Ribeiras do Louro, no Porriño.

11:00 - Roteiro guiado polo espazo natural.

14:30 - Xantar conxunto dos asistentes na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio.

16:00 - Café sinerxia, ideando propostas de futuro.

+ información: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla e vigotroca.arkipelagos.net

Asinado: Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario

 
< Anterior   Siguiente >