| « | < | Enero 2009 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 |
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 |
Próximos eventos
| Sin eventos |
Horario misas
Luns a sábado: 19.30
Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30
Enquisa
Inicio
| O “o cura de Vallecas”, Enrique de Castro, falará da igrexa dos pobres |
| miércoles, 25 de abril de 2007 | |
|
O “cura de Vallecas”, Enrique de Castro, falará da igrexa dos pobres no clube internacional de prensa. O IES Valle Inclán de Pontevedra e a Facultade de Xornalismo da USC acollen senllos actos os días 2 e 3 de maio O coñecido popularmente como “o cura dos pobres”, o párroco de Vallecas Enrique de Castro estará en Galicia os días 2 e 3 de maio convidado polo Club Internacional de Prensa. “A igrexa dos pobres” é o título da Conferencia que ofrecerá o día 2 de maio, mércores, no I.E.S. Valle Inclán de Pontevedra, e o xoves 3 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago (ámbalas ás 8 da tarde). Nela explicará a súa maneira de vivir e pensar dentro da institución católica, lonxe de calquera convenionalismo, e a súa loita de sempre: axudar os máis desfavorecidos, unha actitude que levou a este “cura dos pobres” ás portadas dos xornais estatais e de tódolos medios de comunicación audiovisual tralos últimos enfrontamentos coa institución da Iglesia en Madrid, ó quererlle pechar a parroquia de San Carlos de Borromeo, no populoso barrio de Vallecas, en Madrid. O labor que Enrique de Castro, coñecido dende os anos 70 tamén como o “cura roxo”, vén desenvolvendo dende hai anos un importante labor social cos sectores máis marxinados da sociedade, anque saíu agora á palestra de novo trala decisión do arzebispo de Madrid de pechar a súa parroquia como lugar de culto para reconvertila nun “centro de Cáritas”. A xeraquía eclesiástica considerou que tanto De Castro como os seus dous compañeiros curas desenvolven unha liturxia e unha cataquese “lonxanas ós parámetros oficiais”, aínda que recoñece a súa entrega e dedicación ós pobres. A decisión provocou unha resposta social dos veciños e veciñas de Vallecas ós que se sumaron persoeiros do mundo da cultura e do cine que están a defender publicamente o traballo de Enrique de Castro e a necesidade de manter aberta a parroquia. Ideólogo, filósofo, Licenciado en Filosofía e Teoloxía, Enrique de Castro foi profesor de bacharelato ata que comezou a súa traxetoria como cura de parroquia en Vallecas, vencellado ó movemento dos curas obreiros de finais da dictadura e comezos da transición. Dende 1980 vive con “nenos/as da rúa”, a cuxo labor dedica a súa parroquia: organizaron e crearon a Coordinadora de Barrios de menores e moz@s, e o Movemento de Nais Unidas contra a Droga, pronunciándose a favor da legalización desta. Dende entón, o rapaces viven nas casas dos curas da parroquia. Crearon diversos traballos no autoemprego e, xuntos, foron organizándose en defensa das necesidades dos rapaces e rapazas contra o maltrato institucional ó que foron sometidos, torturas físicas e psíquicas, retirada da tutela familiar por pobreza, etc… Os seus grupos están formados por persoas de tódalas idades e distintas condicións sociais e profesionais. Sobre o vivido nestes anos, Enrique de Castro escribíu tres libros: Hay que colgarlos?, Dios es Ateo, e La fe y la estafa. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|




