| « | < | Agosto 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 |
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Próximos eventos
| Sin eventos |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30
Enquisa
| A Bouza 2008 |
| domingo, 22 de junio de 2008 | |
|
Un ano máis celebramos a festa da Bouza, na que a veciñanza de Coia ademais de berrar polo Centro Cultural compartimos a ledicia de sabernos xuntos e cheos de vida. Podedes ver algunhas imaxes do día na Galería de imaxes. Este ano a.x. Luar abriu a festa o venres coa montaxe das tendas que ían servir de teito para unha noite. Logo disto proxectouse o documental “Tornallom” que conta a loita dos veciños de La Punta e as respostas que propuxeron para defenderse do proceso especulatorio que lles viña enriba. O vídeo deu pé a unha reflexión sobre a historia das loitas levadas no barrio e que seguen continuando con outros grupos como: Xogo Descuberto, Imán, etc. Na Bouza ceamos, con gran participación, e logo ao redor de quince persoas durmimos en reivindicación do Centro Cultural como espazo para o barrio. O sábado a comezabamos co obradoiro de linux no que os compañeiros de Trebelab achegáronnos ao software libre a través da instalación da Ubuntu. A ética na informática, a colaboración como xeito de traballar o coñecemento libre foron algunhas das claves dese momento. Despois puidemos degustar alimentos da terra: empanada, sardiñas, chourizo; que serviron para que chegaramos á tarde con forzas. A tarde estivo amenizada con xogos populares, co baile do grupo de Rueiro e coa presenza dun grupo folclórico de Valladolid. Non podía rematar unha festa na nosa terra sen a presenza da queimada. En definitiva dous días de festa onde o barrio cargou as baterías para seguir na loita común. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|



