| « | < | Enero 2009 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 |
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 |
Próximos eventos
| Sin eventos |
Horario misas
Luns a sábado: 19.30
Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30
Enquisa
| Acto de Imán para recadar fondos |
| sábado, 14 de junio de 2008 | |
|
A asemblea permanente de persoas sen teito , profesionais e voluntarios, ante a persistente situación de persoas enfermas maldurmindo en choupanas, convocamos para o martes, día 17 de xuño, na rúa do Principe, diante do museo Marco, a partir das 18.00 h, un acto solidario para recaudar fondos económicos e poder así pagar as estancias dalgunhas persoas enfermas en pensións ou hostais.
Presentamos o escrito enviado aos medios de comunicación: É este un acto de emerxencia social e de denuncia xa que as administracións non están respondendo con urxencia e eficacia, chegándose a dar altas hospitalarias a persoas gravemente enfermas que retornan directamente as choupanas. A bolsa de solidariedade á que recurríamos ocasionalmente acumula débedas ás que non se pode facer fronte. Denunciamos con este acto as promesas incumpridas por parte das diferentes administracións. Tomamos esta decisión dada a escasez de recursos económicos destinados dende as administracións para emerxencia social e a falta de resposta inmediata, no aquí e agora. Pedimos a tódalas persoas e organizacións que recibades esta mensaxe o reenviedes a canta máis xente mellor para que se acheguen a colocar ese euro ou mais que formará unha cadea solidaria perfilando esa vivenda a que todolos seres humanos deberiamos ter dereito. Informamos con satisfacción a importante melloría que vimos observando nas persoas que temporalmente son aloxadas en pensións ou hostais. Este acto está comunicado polas vias reglamentarias á Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a policía local. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|





