« < Marzo 2010 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

viernes 12 de marzo
21:00 h
- 22:30 h
Charlas de Coresma
sábado 13 de marzo
17:00 h
- 18:30 h
Charlas de Coresma

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Suscrición ao RSS

Inicio
Festa A Bouza 2008
sábado, 14 de junio de 2008

Celebramos un ano máis a festa popular de "A Bouza" co lema: Estamos fartos de promesas. Centro Cultural, xa!

A asociación xuvenil Luar organiza a xeito de preámbulo unha acampada na Bouza, na que aproveitando a reivindicación do centro cultural, tratará de facer unha reflexión sobre participación cidadá e movementos de barrio.

As actividades organizadas polo Movemento Cidadán e pola asociación xuvenil Luar son:

Venres 20 de xuño

19.00 - Acampada na Bouza dos máis novos que comezará coa montaxe de tendas.

20.00 - Documental "Tornallom" e coloquio coa presenza de membros do movemento veciñal do barrio.

22.00 - Cea común.

00.00 - Durmida.

Sábado 21 de xuño

12.00 - Obradoiro linux: acude co teu ordenador xa que achegarémonos ao software libre coa instalación de Ubuntu 8.04

12.30 - Xogos populares para os máis pequenos

14.00 - Xantar comunitario na carballeira de A Bouza

17.00 - Xogos populares

19.00 - Baile tradicional co grupo folclórico "Virxe da Seca" (Valladolid) e grupo de baile de Rueiro.

21.30 - Cea comunitaria na carballeira

22.00 - Verbena popular

23.00 - Remate da festa, a Queimada!

``Fai barrio´´ é o lema do próximo acto de a.x. Luar o 20 e 21 de xuño. A petición do Centro Cultural ás autoridades desta cidade como un dereito do barrio de Coia centrará as xornadas.

Aproveitando esta reivindicación, trataremos de facer unha reflexión sobre participación ciudadá e movementos de barrio a través das actividades descritas no programa.

Deste xeito,reclamamos marcos de participación activa por parte da sociedade civil dentro das institucións públicas, espazos políticos negados de xeito continuado a unha sociedade denominada democrática.

 
< Anterior   Siguiente >