« < Agosto 2008 > »
L M X J V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Próximos eventos

Sin eventos

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio
Acto de rúa do Foro Social Galicia Sur
viernes, 30 de mayo de 2008

O Foro Social Galicia Sur convídanos o xoves 5 de xuño, ás 18.30 en Príncipe (diante do MARCO) a un acto de rúa reclamando o aumento do orzamento municipal para axuda ao desenvolvemento. No acto represéntarase un Pleno Municipal de “Aprobación do orzamento de 2008 para a axuda ao desenvolvemento”.

Presentamos o escrito dirixido a Abel Caballero, alcalde do Concello de Vigo, do cal se recolleran sinaturas para presentalo:

"As persoas que asinamos este documento, sumamos a nosa voz á Campaña Pobreza Cero e á Chamada Global para actuar contra a pobreza.

Manifestamos:

- Que a persistencia da pobreza e a desigualdade no mundo de hoxe é inxustificable.

- Que a inxusticia da realidade mundial debe ser corrixida sen excusas nin dilacións.

- Que é posible un mundo no que todas e todos vivamos en condicións de vida dignas e por fin á inxusta e intolerable situación na que vive máis da metade da poboación mundial.

- Que é hora de cumprir os compromisos acadados, e reiteradamente incumpridos, polos Gobernos en sucesivas cumes e foros internacionais sobre o Desenvolvemento.

E Solicitamos:

- MÁIS AXUDA ao desenvolvemento por parte do Excmo. Concello de Vigo, priorizando os sectores sociais básicos, ata acadar nesta lexislatura o compromiso do 0,3%, e o 0,7% ao final da próxima lexislatura.

- MELLOR AXUDA, canalizada por entidades sen ánimo de lucro, desligada de intereses comerciais, orientada aos países e poboacións máis pobres, con total transparencia e obxetividade.

- MÁIS COHERENCIA nas diferentes políticas do noso goberno para que todas elas contribúan á erradicación da pobreza."

 
< Anterior   Siguiente >