| « | < | Noviembre 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 |
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Próximos eventos
| viernes 21 de noviembre 21:30 h - 22:30 h Xornadas dereitos sociais |
| sábado 22 de noviembre 17:00 h - 18:00 h Xornadas dereitos sociais |
| lunes 24 de noviembre 20:00 h - 21:00 h Preparación da Celebración do Perdón |
| sábado 29 de noviembre 20:00 h - 21:00 h Celebración comunitaria do Perdón |
Horario misas
Luns a sábado: 19.30
Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30
Enquisa
Novas
9º Domingo Ordinario
| 9º Domingo Ordinario |
| jueves, 29 de mayo de 2008 | |
|
"Facede a vontade do meu Pai"
Lectura do libro do Deuteronomio 11, 18. 26-28. 32 Díxolle Moisés ó pobo: Constituíde estas palabras miñas coma obxecto das vosas intencións e do voso esforzo, atádeas ó voso pulso coma sinal, e póndeas entre os vosos ollos coma filacteria. ¡Olla! Eu poño diante de vós hoxe bendición e maldición: a bendición, se facedes caso dos mandamentos do Señor, voso Deus, que eu vos mando hoxe; e a maldición, se non facedes caso dos mandamentos do Señor, voso Deus, e vos apartades do camiño que eu vos mando hoxe, marchando tras de deuses estranxeiros que non coñeciades. Estade atentos a cumprir tódolos mandamentos e decretos que eu vos poño diante hoxe. Lectura da carta do Apóstolo San Paulo ós Romanos 3, 21-25a. 28 Irmáns: Agora, con total independencia da Lei, manifestouse a xustiza de Deus: a que atestaran a Lei e mailos Profetas. Esta é a xustiza de Deus por medio da fe en Xesús Cristo, para todos e sobre tódolos que cren, porque non hai distinción ningunha: todos pecaron, e carecen da gloria de Deus. Pero todos quedan xustificados polo don da súa gracia, mediante a redención que se dá en Cristo Xesús, a quen puxo Deus como propiciatorio no seu sangue pola fe. Pois afirmamos que o home recibe a xustificación pola fe, con independencia das obras da Lei. Lectura do santo Evanxeo segundo Mateo 7, 21-27 Naquel tempo, díxolles Xesús ós seus discípulos: - Non todo aquel que me di: "Señor, Señor", entrará no Reino dos Ceos, senón o que fai a vontade do Pai meu, que está nos ceos. Moitos hanme dicir naquel día: "¡Señor! ¡Señor!, ¿non profetizamos no teu nome, non botámo-los demos fóra no teu nome, e no teu nome non fixemos moitos milagres?" Eu entón heilles dicir abertamente: "¡Endexamais vos coñecín: arredádevos de min os que praticáde-lo mal!" Así pois, todo aquel que escoita estas miñas palabras e as pon en práctica, será semellante a un home asisado, que edificou a súa casa sobre rocha. Caeu a chuvia, viñeron as riadas, sopraron os ventos e bateron na casa aquela, e non se derrubou, porque estaba asentada na rocha. E todo aquel que escoita estas miñas palabras e non as pon en práctica, será semellante a un home atolado, que edificou a súa casa sobre area. Caeu a chuvia, viñeron as riadas, sopraron os ventos e bateron na casa aquela, e derrubouse, e foi total a súa ruína.
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|




