« < Noviembre 2008 > »
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Próximos eventos

viernes 21 de noviembre
21:30 h
- 22:30 h
Xornadas dereitos sociais
sábado 22 de noviembre
17:00 h
- 18:00 h
Xornadas dereitos sociais
lunes 24 de noviembre
20:00 h
- 21:00 h
Preparación da Celebración do Perdón
sábado 29 de noviembre
20:00 h
- 21:00 h
Celebración comunitaria do Perdón

Horario misas

Luns a sábado: 19.30

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio arrow Novas arrow Día do Comercio Xusto, 10 de maio
Día do Comercio Xusto, 10 de maio
jueves, 08 de mayo de 2008

Con motivo da celebración do Día Internacional do Comercio Xusto, algunhas organizacións da Comisión de Comercio Xusto; A Cova da Terra, Amigos da Terra, Axuda en Acción, Intermón Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidariedade; decidiron poñer en marcha unha actuación conxunta de promoción do Comercio Xusto en Galicia.

En Vigo, na Praza América, poderán desfrutar de degustación de produtos de Comercio Xusto; obradoiros de pintura de cara, elaboración de marcos de fotos con sementes de café e elaboración de cociña fría para adultos con produtos de Comercio Xusto. Actuacións musicais a cargo de Danzas do Mundo e Timqus Bolivia.

A Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD foi creada en xullo de 2006, co desexo de crear unha coordinación, cunha base sólida, dentro do Comercio Xusto en Galicia. Isto é coa intención de crear unha plataforma de sensibilización e promoción do Comercio Xusto ante a cidadanía e as institucións galegas, promovida polas ONGD galegas que traballan Comercio Xusto.

Integrada por nove ONGD galegas que traballan no eido do Comercio Xusto,    (Amarante, A Cova da Terra, Amigos da Terra, Axuda en Acción, Intermón Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional de Galicia, Taller de Solidariedade e Unicef) a Comisión leva xa máis dun ano de traballo, de coordinación e integración de esforzos para achegar o Comercio Xusto a toda a poboación galega.
“O Comercio Xusto, unha ferramenta de xustiza internacional.

O actual sistema comercial internacional está marcado, cada vez máis, por unha acentuada diferencia entre o Norte e o Sur. Neste senso, o Norte marca as regras do xogo a costa dun Sur cada vez máis empobrecido.

O Comercio Xusto contribúe a crear unha maior equidade no actual sistema de comercio internacional desigual, xa que se converte nunha alternativa que permite aos e ás produtores/as do Sur un acceso directo aos mercados do Norte cunhas condicións comerciais máis igualitarias. Nestas relacións cobran importancia os criterios sociais e medioambientais. Os principais criterios que promove o Comercio Xusto son:

- Salarios dignos para os produtores e as produtoras do Sur, organizados en cooperativas cun funcionamento democrático e con equidade de xénero.

- Protección dos dereitos fundamentais das persoas, con respecto pola igualdade de xénero e a non explotación infantil no proceso produtivo.

- Elaboración de artigos de calidade con prácticas respectuosas co medio ambiente e o ser humano.

 
< Anterior   Siguiente >