« < Noviembre 2008 > »
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Próximos eventos

viernes 21 de noviembre
21:30 h
- 22:30 h
Xornadas dereitos sociais
sábado 22 de noviembre
17:00 h
- 18:00 h
Xornadas dereitos sociais
lunes 24 de noviembre
20:00 h
- 21:00 h
Preparación da Celebración do Perdón
sábado 29 de noviembre
20:00 h
- 21:00 h
Celebración comunitaria do Perdón

Horario misas

Luns a sábado: 19.30

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio arrow Novas arrow Domingo de Pentecostes
Domingo de Pentecostes
miércoles, 07 de mayo de 2008

"O alento do Espírito"

Lectura do libro dos Feitos dos Apóstolos 2, 1-11

Cando se cumpriron os días de Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles.
Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito. Había daquela en Xerusalén xudeus piadosos de tódalas nacións da terra. Ó se producir aquel estrondo, xuntouse a xente e ficou moi desconcertada, porque cada un os sentía falar na súa propia lingua. Pasmados e admirados, dicíanlles uns a outros:
"¡Olla! ¿E todos estes que están aí a falar non son galileos? ¿E logo como é que os sentimos falar cada un de nós no noso propio idioma nativo? Partos, medos, elamitas, xente da Mesopotamia, Xudea, Capadocia, Ponto, Asia, Frixia e Panfilia, do Exipto e da parte de Libia contra Cirene, forasteiros romanos tanto xudeus coma prosélitos, cretenses e árabes, sentimos falar nas nosas linguas das grandezas de Deus".

Lectura da primeira carta do Apóstolo san Paulo ós Corintios 12, 3b-7. 12-13

Irmáns: Ninguén que diga "Renegado sexa Xesús", fala movido polo Espírito de Deus; e ninguén é capaz a dicir "Xesús é o Señor", se non é baixo o influxo do Espírito Santo. Hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito. Hai diversidade de servicios, pero un mesmo Señor. Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza todo en todos.
A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben común. Porque igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo. Porque a todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto esclavos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.

Lectura do santo Evanxeo segundo Xoán 20, 19-23

Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús e, poñéndose no medio, díxolles: - Paz convosco.
Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez: - Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós. E dito isto alentou sobre eles, e díxolles: - Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.

 
< Anterior   Siguiente >