« < Noviembre 2008 > »
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Próximos eventos

viernes 21 de noviembre
21:30 h
- 22:30 h
Xornadas dereitos sociais
sábado 22 de noviembre
17:00 h
- 18:00 h
Xornadas dereitos sociais
lunes 24 de noviembre
20:00 h
- 21:00 h
Preparación da Celebración do Perdón
sábado 29 de noviembre
20:00 h
- 21:00 h
Celebración comunitaria do Perdón

Horario misas

Luns a sábado: 19.30

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio arrow Novas arrow Resumo da XXII Asemblea de Crentes Galegos
Resumo da XXII Asemblea de Crentes Galegos
jueves, 01 de mayo de 2008

A Asemblea de Crentes Galegos foi o día 26 de abril de 2008, no colexio da Salle en Santiago. Comezou cunha mesa redonda con representantes de CC.OO, UXT, CIG, e SLG.

Podedes ver algunhas imaxes do día na Galería de Imaxes.

“A vida persoal, familiar, social, depende do traballo é o que nos da de comer, é o que posibilita o desenvolvemento integral das persoas e da sociedade a través de medios como o ensino, a cultura, a sanidade, e todo aquilo que procura benestar para todos.” ( palabras do manifesto). A coordinadora de grupos de Crentes Galegos (REDES CRISTIÁS) segundo a súa dinámica fixo unha reflexión mais centrada este curso sobre estes tres aspectos candentes sobre o traballo: A PRECARIEDADE, A SINIESTRALIDADE E OS INMIGRANTES. Estiveron afondando e dialogando cós sindicatos sobre este tema complexo e vital ao mesmo tempo.

Poa tarde manifestáronse publicamente en Compostela, para recabar a atención e o compromiso de todos/as en favor dun traballo digno e beneficioso para todos. Despois da manifestación foi o xantar comunitario e terminou o día cunha Eucaristía. Da nosa parroquia asistiu un grupo, e na organización participaron Luis Calvo e Pili.

Facendo un breve resume do que falouse e do manifesto podemos dicir que A PRECARIEDADE: creceu de forma acelerada nos últimos 15 anos, formouse no noso pais unha sólida e omnipresente “cultura da precariedade”.

- Os empresarios forzaron a eliminación do que eles chaman “rixideces do mercado de traballo” e da economía; para poder responder os cambios e os retos que prantexa a competencia. De alí a FLEXIBILIDADE e a súa consecuencia- “a precariedade”.

- A globalización económica e a deslocalización, que buscan man de obra barata submisa sen dereitos e aprovéitase dos beneficios fiscais xunto coas maiores ganancias posibles convértense en poderosos inimigos do mundo do traballo e das organizacións obreiras. Aínda máis, quere imporlle a toda sociedade como normal a nefasta “cultura da precariedade”.

Fronte a todo isto abogamos por:

- Máis reflexión, formación e sentido critico por parte dos traballadores e da sociedade.

- A defensa do posto de traballo e dun traballo decente e digno como dereito humano irrenunciable.

- A unidade e a sindicalización como expresión da defensa e da forzados traballos.

- Acabar co traballo precario, lixo, negro somerxido (estes dous últimos poden representar ata o 20% do total).

- Facer do traballo humano principio de vida, e facer que sirva para satisfacer as necesidades materias, culturais e espirituais.

A SINIESTRALIDADE:

- É unha praga en España. Chega a dobrar a media de Europa. Prodúcense unhas mil mortes anuais e moitos Miles de sinistros graves e incapacitantes. Galiza ocupa un triste posto de privilexio nesas estatísticas.

- Ata dúas terceiras partes dos traballadores e das empresas non dispoñen de información-formación sobre riscos laborais.

- As subcontratacións dilúen as responsabilidades e a capacidade dos traballadores para defenderse dos riscos laborais.

- As enfermidades laborais son outro capítulo negro e medio oculto, pero de unha enorme importancia e con un gran custo social. O dato de 2004 fala de 14.000 homes e 2.100 mulleres mortos por enfermidades relacionadas coa súa tarefa laboral.

Fronte a todo isto abogamos por:

1.Unhas autoridades laborais que dispoñan dos medios humanos e xurídicos necesarios para cumprir a normativa e poder mellorala sempre que sexa necesario.

2.Que as organizacións Sindicais potencien as súas comisións de seguridade e utilicen o máximo rigor no esclarecemento de tódolos accidentes laborais e na súa responsabilización.

3.Que as forzas vivas nos mobilicemos ante calquera tipo de sinistro grave esixindo seguridade e medidas preventivas.

4.Facer posible que a FLEXISEGURIDADE, reto da Unión Europea, poña verdadeiramente o acento na seguridade e non na flexibilidade ou precariedade do posto de traballo.

OS INMIGRANTES:

- No 2007 había en España catro millóns e medio de inmigrantes. Marrocos e Romania rebasan o medio millón. Ecuador vaise achegando. Son moitos os países que teñen unha representación numerosa (9,93% da poboación total).

- España vai seguir necesitando man de obra. Pero os inmigrantes son máis que man de obra: son persoas familias, necesidades concretas, ademais de produción económica. A recesión económica actual e o paro progresivo constitúen un problema grave e preocupante, sobre todo para os inmigrantes.

- Os inmigrantes en xeral ocupan os postos de traballo peor valorados e son os primeiros en perdelo. Sofren abusos económicos e xurídicos. Padecen aproximadamente un terzo dos accidentes laborais. Veñen o noso pais para mellorar o seu nivel de vida e o seu futuro e o que encontran moitas veces son desgracias.

Fronte a todo isto abogamos por:

1.Unha planificación é unha política seria, respectuosa e igualitaria cós inmigrantes. Os inmigrantes son persoas igual que nos.

2.Que se arbitren plans e medidas especificas para paliar as necesidades e os conflitos derivados do paro que afecta de xeito especial os inmigrantes.

3.Pedimos a todos unha acollida favorable e a maior axuda posible os inmigrantes necesitados.

4.Estar dispostos a denunciar tódolos abusos en temas de vivenda, salarios, etc.

5.Dignificar o traballo dos inmigrantes, sobre todo das mulleres nos diversos sectores. Das 300 mil mulleres que exercen a prostitución en España dicese que o 90% son inmigrantes. No o fan póla súa elección, senón enganadas e obrigadas na súa maioría.

6.Organizar e adaptar todo o proceso laboral e humano ó servizo da persoa, valor supremo e ó que ten que subordinarse todo o demais. Para os que somos cristiáns así nolo prantexan e esixen a Doutrina Social da Igrexa e o Evanxeo.

ESPERTEMOS A REALIDADE DO MUNDO DO TRABALLO!
ASUMAMOS CADA UM O SEU PRÓPRIO PROTAGONISMO E COMPROMISO ACTIVO!
UNÁMONOS NA LOITA SINDICAL E NA DAS DEMAIS ORGANIZACIÓNS POPULARES POLO LOGRO DUN TRABALLO DIGNO, XUSTO E QUE REALICE ÁS PERSOAS, ÓS TRABALLADORES!

(Adaptación do Manifesto de GRUPOS CRISTIÁNS DE GALIZA - (Redes Cristianas)

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2008

 
< Anterior   Siguiente >