| « | < | Agosto 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 |
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Próximos eventos
| Sin eventos |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30
Enquisa
| Resumo da XXII Asemblea de Crentes Galegos |
| jueves, 01 de mayo de 2008 | |
|
A Asemblea de Crentes Galegos foi o día 26 de abril de 2008, no colexio da Salle en Santiago. Comezou cunha mesa redonda con representantes de CC.OO, UXT, CIG, e SLG. Podedes ver algunhas imaxes do día na Galería de Imaxes. “A vida persoal, familiar, social, depende do traballo é o que nos da de comer, é o que posibilita o desenvolvemento integral das persoas e da sociedade a través de medios como o ensino, a cultura, a sanidade, e todo aquilo que procura benestar para todos.” ( palabras do manifesto). A coordinadora de grupos de Crentes Galegos (REDES CRISTIÁS) segundo a súa dinámica fixo unha reflexión mais centrada este curso sobre estes tres aspectos candentes sobre o traballo: A PRECARIEDADE, A SINIESTRALIDADE E OS INMIGRANTES. Estiveron afondando e dialogando cós sindicatos sobre este tema complexo e vital ao mesmo tempo. Poa tarde manifestáronse publicamente en Compostela, para recabar a atención e o compromiso de todos/as en favor dun traballo digno e beneficioso para todos. Despois da manifestación foi o xantar comunitario e terminou o día cunha Eucaristía. Da nosa parroquia asistiu un grupo, e na organización participaron Luis Calvo e Pili. Facendo un breve resume do que falouse e do manifesto podemos dicir que A PRECARIEDADE: creceu de forma acelerada nos últimos 15 anos, formouse no noso pais unha sólida e omnipresente “cultura da precariedade”. - Os empresarios forzaron a eliminación do que eles chaman “rixideces do mercado de traballo” e da economía; para poder responder os cambios e os retos que prantexa a competencia. De alí a FLEXIBILIDADE e a súa consecuencia- “a precariedade”. - A globalización económica e a deslocalización, que buscan man de obra barata submisa sen dereitos e aprovéitase dos beneficios fiscais xunto coas maiores ganancias posibles convértense en poderosos inimigos do mundo do traballo e das organizacións obreiras. Aínda máis, quere imporlle a toda sociedade como normal a nefasta “cultura da precariedade”. Fronte a todo isto abogamos por: - Máis reflexión, formación e sentido critico por parte dos traballadores e da sociedade. - A defensa do posto de traballo e dun traballo decente e digno como dereito humano irrenunciable. - A unidade e a sindicalización como expresión da defensa e da forzados traballos. - Acabar co traballo precario, lixo, negro somerxido (estes dous últimos poden representar ata o 20% do total). - Facer do traballo humano principio de vida, e facer que sirva para satisfacer as necesidades materias, culturais e espirituais. A SINIESTRALIDADE: - É unha praga en España. Chega a dobrar a media de Europa. Prodúcense unhas mil mortes anuais e moitos Miles de sinistros graves e incapacitantes. Galiza ocupa un triste posto de privilexio nesas estatísticas. - Ata dúas terceiras partes dos traballadores e das empresas non dispoñen de información-formación sobre riscos laborais. - As subcontratacións dilúen as responsabilidades e a capacidade dos traballadores para defenderse dos riscos laborais. - As enfermidades laborais son outro capítulo negro e medio oculto, pero de unha enorme importancia e con un gran custo social. O dato de 2004 fala de 14.000 homes e 2.100 mulleres mortos por enfermidades relacionadas coa súa tarefa laboral. Fronte a todo isto abogamos por: 1.Unhas autoridades laborais que dispoñan dos medios humanos e xurídicos necesarios para cumprir a normativa e poder mellorala sempre que sexa necesario. 2.Que as organizacións Sindicais potencien as súas comisións de seguridade e utilicen o máximo rigor no esclarecemento de tódolos accidentes laborais e na súa responsabilización. 3.Que as forzas vivas nos mobilicemos ante calquera tipo de sinistro grave esixindo seguridade e medidas preventivas. 4.Facer posible que a FLEXISEGURIDADE, reto da Unión Europea, poña verdadeiramente o acento na seguridade e non na flexibilidade ou precariedade do posto de traballo. OS INMIGRANTES: - No 2007 había en España catro millóns e medio de inmigrantes. Marrocos e Romania rebasan o medio millón. Ecuador vaise achegando. Son moitos os países que teñen unha representación numerosa (9,93% da poboación total). - España vai seguir necesitando man de obra. Pero os inmigrantes son máis que man de obra: son persoas familias, necesidades concretas, ademais de produción económica. A recesión económica actual e o paro progresivo constitúen un problema grave e preocupante, sobre todo para os inmigrantes. - Os inmigrantes en xeral ocupan os postos de traballo peor valorados e son os primeiros en perdelo. Sofren abusos económicos e xurídicos. Padecen aproximadamente un terzo dos accidentes laborais. Veñen o noso pais para mellorar o seu nivel de vida e o seu futuro e o que encontran moitas veces son desgracias. Fronte a todo isto abogamos por: 1.Unha planificación é unha política seria, respectuosa e igualitaria cós inmigrantes. Os inmigrantes son persoas igual que nos. 2.Que se arbitren plans e medidas especificas para paliar as necesidades e os conflitos derivados do paro que afecta de xeito especial os inmigrantes. 3.Pedimos a todos unha acollida favorable e a maior axuda posible os inmigrantes necesitados. 4.Estar dispostos a denunciar tódolos abusos en temas de vivenda, salarios, etc. 5.Dignificar o traballo dos inmigrantes, sobre todo das mulleres nos diversos sectores. Das 300 mil mulleres que exercen a prostitución en España dicese que o 90% son inmigrantes. No o fan póla súa elección, senón enganadas e obrigadas na súa maioría. 6.Organizar e adaptar todo o proceso laboral e humano ó servizo da persoa, valor supremo e ó que ten que subordinarse todo o demais. Para os que somos cristiáns así nolo prantexan e esixen a Doutrina Social da Igrexa e o Evanxeo. ESPERTEMOS A REALIDADE DO MUNDO DO TRABALLO! (Adaptación do Manifesto de GRUPOS CRISTIÁNS DE GALIZA - (Redes Cristianas) Santiago de Compostela, 26 de abril de 2008 |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|



