« < Septiembre 2008 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Próximos eventos

sábado 13 de septiembre
00:01 h

XXXI Romaxe de Crentes Galegos

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio
Excursión a Vilán: Iniciación e Comuñón
domingo, 27 de abril de 2008

O sábado 26 de abril foi un día especial para os 60 rapaces e rapazas de Iniciación e Comuñón. A cita comezaba ás 10:30 nos arredores da parroquia. Tres autocares esperábannos. Entre nenos, pais e monitores xuntámonos entorno a 200 persoas.

Cos pes xa en Vilán, a primeira toma de contacto efectuouse cun recoñecemento do terreo, visitando e mostrando por vez primeira a moitos pais as instalacións e todas as dependencias da casa.

A continuación, baixo un sol radiante e sufocante, comezaron xogos diversos, destacar o do paracaídas, as pinzas, o bico e aperta, as pinturas, a pedra e o da auga que de paso servía para se refrescar. O cansazo xa estaba presente, e aproveitamos todos para repoñer forzas.

Xa para finalizar, os pais guiados por Manolo fixemos unha escapadiña ao río Oitavén mentres que os peques continuaron da man dos monitores con máis actividades. Con todo isto chegaron as 18:30 que era a hora prevista para o regreso.

Aos máis pequenos aínda lles quedaron forzas para cantar e cantar. A sesta a máis dun seguro que se lla fastidiaron.

Podedes ver as fotos do día na Galería de imaxes.

 

 
< Anterior   Siguiente >