| « | < | Agosto 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 |
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Próximos eventos
| Sin eventos |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30
Enquisa
| Remata o XIII congreso de Xustiza e Paz |
| domingo, 30 de marzo de 2008 | |
|
Neste domingo 30 de abril remata o XIII congreso de Xustiza e Paz celebrado por segunda vez na nosa comunidade. Foron tres días de reflexión, debate, festa, participación, coñecemento... e moitas máis palabras chegadas dende moitos territorios. O sábado poidemos escoitar ao teólogo Martín Gelabert falando do feito relixioso nunha sociedade laica e a Bernardo Cuesta compañeiro dominico de Babilafuente. Pola tarde Geraldina falou da teoloxía ecofeminista nunha sociedade patriarcal que agrede á natureza. Houbo tamén un bonito diálogo entre un agnóstico, Víctor Freixanes, e o sacerdote de Vallecas, Xulio Lois. Comezamos o domingo coa charla de José Mª Vigil titulada "Novos pasos para a teoloxía da Liberación: a teoloxía pluralista e a post-relixional". Dunha forma moi clara José María explicou que os paradigmas trocaron, polo que a teoloxía da Liberación adquire sentido no camiño cara o pluralismo con outras formas de entender o feito relixioso. Logo disto pechamos o congreso coa celebración, espazo que reflicitu o espíritu vivido nestes tres días. Podedes ver algunhas imaxes do congreso na web do Colectivo Verapaz e ler a nova publicada sobre o congreso no diario Que. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|


