« < Agosto 2008 > »
L M X J V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Próximos eventos

Sin eventos

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio
Día internacional da non violencia e a paz
jueves, 31 de enero de 2008

O grupo Imán e o programa Sere@s do Casco Vello celebraron onte mércores o Día Internacional da Non Violencia e a Paz cun acto presentado por Antón Bouzas, coordinador do grupo, no Centro Cívico Casco Vello.

O encontro abriuse cunha breve charla de Luís Cendón, portavoz do Imán, sobre a campaña As navallas, perigosa compaña. Vigo capital mundial da movida de cidadáns sen navallas na rúa, realizada ao longo do 2007.

Ademais, o portavoz das persoas sen teito, Iván Vasconcellos, presentou a campaña deseñada para o 2008, dando lectura ao fragmento inicial do texto do xefe indio Seattle ao presidente de EEUU en 1855.

A continuación a escritora An Alfaya recitou dous poemas seus: o primeiro sobre a hipocresía coa que é usado o termo “solidariedade” na nosa sociedade, e o segundo sobre a prostitución.

Nese momento abriuse un coloquio entre os participantes no acto, que se pechou cunha interpretación musical con flauta travesera a cargo de Sabela González.

Ás 8:30 todas as persoas presentes no Centro Cívico desprazáronse portando veas acendidas á Praza da Constitución, onde se repetiron as intervencións musical e literaria, procedeuse á lectura dun breve comunicado no que se solicitou o fin da violencia e as guerras no mundo, e gardouse un minuto de silencio por todas as vítimas da violencia.

 
< Anterior   Siguiente >