| « | < | Agosto 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 |
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Próximos eventos
| Sin eventos |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30
Enquisa
A Comunidade
< Educación na Fe
| Educación na Fe |
| miércoles, 15 de marzo de 2006 | |
|
O primeiro que pode sorprendervos é que aquí non facemos exclusivamente catequese para os sacramentos, é dicir, que hai moitos máis grupos que aqueles que se están a preparar para a Primeira Comuñón ou a Confirmación. Isto é o que chamamos un "proceso continuado". Nós tomamos moi en serio isto da educación na fe, pomos moito esforzo en persoas e recursos ao seu servizo e por iso o proceso catequético ocupa un lugar fundamental dentro da nosa estrutura comunitaria. A nosa catequese non é adoutrinamento, non bombardeamos a nenos ou adultos con doutrinas que se presentan como únicas e verdadeiras. Tampouco se trata de acumular datos e coñecementos sen máis. Desde logo hai cousas que aprender pero non como se fai na escola ou nunha enciclopedia. Non queremos sabichóns do relixioso, senón verdadeiros cristiáns. En definitiva, desde a nosa comunidade, educar na fe supón educar para a convivencia, para a vida, para o traballo liberador, para o respecto ao pluralismo, para a reconciliación. Nunha palabra, para a irmandade. Queremos ler a realidade e a vida desde o punto de vista do Evanxeo, segundo o modelo de Xesús de Nazaret. E facelo en comunidade. Isto, como se pode entender, é labor permanente para toda unha vida e non debería terminar na infancia ou a adolescencia. PROCESO DE EDUCACIÓN NA FE - Proceso de preparación comuñón: 3º PRIMARIA - Proceso de Postcomuñón: 4º,5º, 6º PRIMARIA e 1º E.S.O - Acompañamento cristián de preadolescentes: 2º e 3º E.S.O - Proceso de preparación á Confirmación: A partires dos 15 anos (C1, C2, C3) - Comunidades Cristiás de moz@s - Comunidades Cristiás de adult@s |



