« < Marzo 2010 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

miércoles 10 de marzo
20:15 h
- 21:15 h
Reunión para preparar a asistencia ao congreso Verapaz
viernes 12 de marzo
21:00 h
- 22:30 h
Charlas de Coresma
sábado 13 de marzo
17:00 h
- 18:30 h
Charlas de Coresma

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Suscrición ao RSS

Inicio arrow A Comunidade
A Comunidade
miércoles, 15 de marzo de 2006

Hai xa máis de 30 anos que foi erixida (así é como se di) a Parroquia do Cristo da Victoria no barrio de Coia. Dende os seus inicios, o que era unha pequena comunidade cristiá, quixo entender a súa fe unida ás ledicias e tristuras da veciñanza. Case todos éramos entón inmigrantes, xente das aldeas que apareceran en Vigo á quentura da industrialización.

Image

A Parroquia do Cristo da Victoria é:

- Unha Comunidade, formada por persoas empeñadas en desenvolver valores comunitarios, no que todos temos cabida.

- Unha Comunidade Cristiá, na que se vive e educase segundo o modelo de vida de Xesús de Nazaret.

- Unha Comunidade Cristiá Popular, que fai súa a predilección de Xesús polos máis desfavorecidos, por iso non está no marco dunha igrexa tradicional conservadora, senón que se achega máis ao que se podería chamar «Igrexa dende e para os pobres».

- Unha Comunidade Cristiá Popular Comprometida, que non é allea aos problemas do seu entorno, senón que participa na animación do barrio no que vive e xera respostas asociativas que traballan pola xustiza e a promoción dos seus veciños.

 

Así nos organizamos. . .

A nosa organización pretende ser participativa e igualitaria, segundo o modelo dunha grande comunidade parroquial, composta por pequenas comunidades ou grupos. Hai multitude de nenos, mozos e adultos que se xuntan semanalmente para afondar na súa formación humana e cristiá.

Xunto a estas comunidades -estrutura básica da parroquia- existen tamén asociacións, movementos e plataformas, que procuran a atención á muller, á xuventude, á cultura, aos valores ecolóxicos, aos máis desfavorecidos do barrio.