| « | < | Agosto 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 |
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Próximos eventos
| sábado 30 de agosto 12:00 h - 14:00 h Acto de presentación da campaña acerca da “Aporofobia” |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30
Enquisa
Acción social
< Iniciativa Contra a Marxinación Infantil
| ICAMI |
| miércoles, 15 de marzo de 2006 | |
|
Asociación Iniciativa Contra a Marxinación Infantil (ICAMI) Dentro do tecido solidario que emana da Parroquia , nace en 1994 a Asociación Iniciativa Contra a Marxinación Infantil (ICAMI) como un proxecto cuxo obxectivo é atender e atallar a marxinación de nenos e mozos. Está formado por persoas pertencentes a diferentes grupos de atención social do barrio de Coia , profesionais de diversos ámbitos, que viñan realizando nos últimos anos funcións de monitores de tempo de lecer, catequistas e mestres de apoio na comunidade parroquial. De todo isto xurde en 1993 a inquietude de formar un grupo dedicado especificamente a cubrir as carencias da infancia e mocidade do noso entorno. A formación do equipo para esta labor viu consistindo dende entón en achegarse ao mundo da marxinación infantil: causas, situacións familiares , escolares, comportamentos típicos , entorno social , problemática que se produce ao seu redor , riscos aos que están sometidos... Dende 1994, constituída como entidade sen ánimo de lucro e inscrita nos rexistros nacionais, autonómicos e municipais, este grupo viu realizando o seu traballo en distintos espazos do barrio, mantendo contacto coas asociacións máis representativas da zona e con axentes sociais tales como escolas ,ambulatorio ,servizo de menores , xulgados... En 1995 comezan unha serie de convenios de colaboración coa Consellería de Familia da Xunta de Galicia, dirixidos a potenciar as actividades. En 1997, ICAMI organiza co apoio do Concello de Vigo unhas xornadas de estudo da problemática dos nenos e mozos en desvantaxe social. Para isto contamos con personalidades moi relevantes neste ámbito a escala estatal. Por estas xornadas pasan en torno a un centenar de profesionais e persoas interesadas. No ano 2000 , ICAMI mantén un local de ocio e encontro aberto a nenos e mozos do barrio polo que pasan habitualmente máis de 70, moitos deles en clara situación ou risco de marxinalidade. Dende esa data, a maior parte da nosa actividade foi dirixida á atención dos adolescentes e mozos, que contan cunha problemática crecente no xudicial e no desemprego. Neste campo fomos acompañando na procura e incorporación ao emprego a 20 mozos, en colaboración con distintas empresas e organismos públicos. A finais de 2003, aparece a posibilidade de dedicar máis medios e esforzos no campo da formación ocupacional, como camiño máis eficaz para dar cauces á situación de desemprego e falla de oferta de formación ocupacional cas administracións públicas (INEM) fan a este sector de poboación. ![]()
En 2004, solicítase á Consellería de Asuntos Sociais e Emprego da Xunta de Galicia, subvención para o desenvolvemento de tres actividades formativas experimentais, complementarias ao Plan FIP, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Dous delas, vinculadas á mecánica da motocicleta dirixense a mozos desescolarizados prematuramente e sen formación para o emprego. Concedida a subvención, os cursos realizaronse nese ano, coa participación de 20 rapaces. En 2005, organizamos un terceiro curso de mecánica da moto, en convenio coa Fundación Secretariado Xitano. |




