| « | < | Septiembre 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Próximos eventos
| sábado 13 de septiembre 00:01 h XXXI Romaxe de Crentes Galegos |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30
Enquisa
Asociacións
< Asociación Xuvenil "Luar"
| a.x. Luar |
| miércoles, 15 de marzo de 2006 | |
|
Historia A asociación xuvenil Luar nace en 1988 para dar resposta ás demandas de lecer e tempo libre da poboación xove dun barrio concreto e cunhas problemáticas propias: o barrio de Coia en Vigo. No comezo, as actividades que Luar levaba a cabo eran de ocio e tempo de lecer, facíanse torneos de diversos deportes, obradoiros, saídas, etc. Tódalas actividades estaban dirixidas a gran cantidade de rapaces e rapazas do barrio que pasaban a maior parte do día nas rúas, sen apenas ter outras alternativas. Nestes últimos anos a asociación e os seus destinatarios cambiaron moito: menos rapaces, maior oferta de actividades para ocupar o tempo de lecer, decrecemento xeral do movemento asociativo, etc. Por iso Luar cambiou, de forma que incorporáronse novas actividades. Así, hoxe ademáis de obradoiros (danzas do mundo, fotografía, coiro, etc.) e actividades deportivas, fanse tamén charlas sobre temas de interese para os xoves, proxeccións audiovisuais, actos reivindicativos, etc.
Que é a.x. Luar? É unha asociación xuvenil que promove actividades de lecer e tempo libre para a xuventude, todo sempre feito dende o compromiso co social. A idea de Luar nestes últimos anos é a de traballar temas de sensibilización, sobre todo dirixidos aos máis xoves. Xunto á sensibilización está a idea de ofertar actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo de lecer para a poboación xove do barrio. Nos últimos tempos observamos no seo da asociación que temos aínda un campo sen explotar que é o mundo da rede. Hoxe os nosos destinatarios xa non son só os rapaces do barrio senón os de toda a cidade, por iso vemos como necesario ter presencia en internet, xa que na actualidade a mocidade a utiliza como instrumento de comunicación e acceso á información.
Que fai? Para desenvolver estes obxectivos ofrece entre outras as seguintes actividades: - Cursiños: cociña, coiro, informática, fotografía,... - Actividades deportivas: campionatos de futbiño, baloncesto, voleibol,... - Saídas: roteiros, excursións,... - Proxeccións audiovisuais: cine documental, estreos, ciclos de cine clásico,... - Charlas: sobre débeda externa, emprego, movementos sociais,... - Participar nas reivindicacións do barrio e da cidade - Outros: puenting, futbolín, rafting, etc.
Como funciona? Luar é unha asociación asemblearia, na que os seus membros deciden sobre tódala actividade da mesma. A actividade cotiá está xestionada polos socios que fan reunións semanais, abertas a calquera que guste en participar; nelas fálase e tómanse decisións sobre as diferentes actividades e xestión da asociación. Existe unha xunta directiva que leva o control e papeleo da asociación. A xunta está formada por un presidente, un vicepresidente, un secretario e un tesoureiro. A hora de tomar decisións o voto de cada un dos membros da xunta directiva vale igual que o voto de cada un dos socios que acuda as reunións.
Quen a forma? Luar está formada por moz@s (dende os 14 ata os 30 anos) que deciden sobre o funcionamento da asociación. Pódese participar en Luar sendo socio, desfrutando das actividades ou participando nas reunións. Para ser SOCIO só hai que aboar unha cota de 5 euros ó ano, que outorga unha serie de beneficios e descontos nas actividades da asociación.
Como podes contactar? Para calquera dúbida ou información sobre Luar podes: - Acudir á reunión dos martes ás 20.00 h nos baixos do complexo parroquial do "Cristo da Victoria" (Baiona 9 baixo -Coia-) - Visitar á nosa web: axluar.comunidadebasecoia.org - Mandar un email: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla ou Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla - Chamar ao: 647 293 567 |



