| « | < | Enero 2009 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 |
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 |
Próximos eventos
| Sin eventos |
Horario misas
Luns a sábado: 19.30
Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30
Enquisa
Novas
Xornadas inmigración: retos da inmigración
| Xornadas inmigración: retos da inmigración |
| lunes, 12 de noviembre de 2007 | |
|
O xoves contamos coa participación de Emilio Gómez Ciriano, profesor na facultade de Traballo Social da Universidade de Castilla-La Mancha en Cuenca, experto en temas de inmigración e autor do libro titulado “Inmigrante y ciudadano: hacia una nueva cultura de la acogida”. A súa exposición respondeu á pregunta: qué retos presenta para nos a inmigración? Pois varios retos... O primeiro mirar con profundidade a situación. A nosa sociedade neoliberal impídenos mirar con profundidade a vida. Vivimos con presa e non podemos pensar. E quedámonos con datos, dos medios de comunicación, sobre a inmigración moi simples e a veces deformados ou controvertidos que xeran medo, rexeitamento e xenofobia. Datos que fannos ver tamén a problemática da inmigración e non a súa riqueza. O que temos que facer son varias cousas: - Ante a realidade da inmigración, recuperar a memoria histórica: tamén nos fomos inmigrantes sen papeis en Europa, América, Australia… Se miramos os xornais da época vemos os mesmos problemas e tamén peticións de xustiza e integración das organizacións políticas e humanitarias. - Tanto hai anos como agora a inmigración ten as mesmas causas: unha desigualdade grande entre uns países e outros a causa da inxusta explotación dos recursos que obrigan a xente a emigrar. - Os países receptores somos responsables do empobrecemento dos países emisores, e polo tanto responsables de acollelos e axudarlles a acadar un futuro mellor. Temos que procurar a integración, e non como cidadáns de terceira e sen dereitos, senón integración coma nos con todos os dereitos. Todos os seres humanos estamos intimamente conectados neste mundo globalizado e somos responsables uns dos outros. - Temos que superar o medo que nos infunden os medios de comunicación ante os inmigrantes e que nos impulsa a vivir á defensiva, creando moitas veces un urbanismo que nos separa máis que achegarnos. O reto e que eles podan vivir entre nos, e como un de nos: estudar nos mesmos centros, acudir aos mesmos hospitais, participar nos mesmos movementos veciñais, mercar nos mesmos mercados, facer as súas festas e convidarnos, participar nas nosas… - Temos que ver neles unha riqueza mais que un perigo. Vivimos unha sociedade que trata de borrar identidades ou personalidades. Unha sociedade que quere uniformarnos a todos en torno a uns criterios que no fondo so queren que consumamos; criterios de ter e non de ser e compartir. O gran reto hoxe, resumindo, é a integración plena, con todos os seus deberes e dereitos, sen perder a nosa identidade pero tamén respectando e integrando a súa. So deste xeito lograremos unha sociedade pacificada, multiétnica e multicultural. So así valoraremos tamén as nosas identidades a piques de perderse nesta sociedade globalizada a ameazada de uniformidade pola cultura neoliberal. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|




