| « | < | Septiembre 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Próximos eventos
| sábado 13 de septiembre 00:01 h XXXI Romaxe de Crentes Galegos |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30
Enquisa
Acción social
< Grupo Acollida Persoas Estranxeiras
| Grupo Acollida Persoas Estranxeiras |
| miércoles, 15 de marzo de 2006 | |
|
O Grupo de Acollida ás Persoas Estranxeiras (G.A.P.E.) é un grupo integrado na Acción Social da parroquia do Cristo da Victoria. Naceu tras unhas xornadas de reflexión organizadas pola parroquia en febreiro do ano 2003, en torno á acción Social da Parroquia. Nelas, identificouse ó colectivo de persoas inmigrantes como un dos grupos cunha problemática especial que requerían a nosa atención. Filosofía O noso punto de partida é o recoñecemento dunha realidade :a chegada de persoas inmigrantes ó noso entorno é un feito innegable e que segundo tódolos indicios vai ir a mais , e a interpretación desa realidade como unha oportunidade de intercambio cultural tremendamente enriquecedor para tod@s . Nembargantes, somos conscientes de que este intercambio só será positivo e, incluso, só será posible se creamos unhas condicións axeitadas para o seu desenvolvemento; condicións que pasan pola superación de calquera prexuízo discriminador e por garantir unhas condicións de vida dignas para tod@s , así como polo respecto dos dereitos de tódalas persoas, entendendo como dereitos das persoas os recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Obxectivos Os obxectivos do noso grupo son: - Ofrecer un espazo para a convivencia que favoreza o mutuo apoio de persoas con problemas similares. - Fomentar a interculturalidade, ofrecendo espazos para a expresión da propia cultura e o coñecemento da cultura das outras persoas. - Promover iniciativas tendentes a mellorar a situación destas persoas dende o punto de vista legal, facilitando a regularización nos casos en que é posible e apoiando calquera iniciativa que teña como obxecto a adecuación das nosas leis á Declaración Universal dos Dereitos Humanos e ós acordos subscritos polo estado español a nivel internacional. Metodoloxía Dende o principio tivemos claro que a mellor forma de dar resposta ás necesidades reais é preguntar ás persoas cales son esas necesidades. Por iso traballamos “sobre demanda”, é dicir, intentando artellar iniciativas que respondan ás demandas concretas que nos van plantexando. Iniciativas Ao longo destes anos temos atendido a máis de cincuenta persoas, de moitas nacionalidades diferentes. En canto ás iniciativas concretas levadas adiante polo grupo, cabe destacar: - Reunións periódicas para coñecernos e falar das situacións de cada un/unha. Xeralmente quedamos para tomar café ou merendar, comentar cómo lle vai a cada un, ensinar fotos de cadanseu país de procedencia... - Saídas de un día de duración para ir coñecendo o entorno da nosa cidade (xeralmente, as persoas do grupo carecen de medio de transporte propio, polo que só coñecen o centro de Vigo e o barrio no que viven). Centrámonos, polo de agora, nos parques forestais do arredores de Vigo. - Acompañamento na realización de diversas xestións administrativas: empadroamento, escolarización dos menores, becas e axudas, tarxeta sanitaria, solicitude de permiso de traballo e residencia, poderes notariais, tradución de documentos... - Atención dos menores en período de vacacións escolares (xuño e xullo de 2003) nos casos (e nos horarios) en que os seus pais traballaban. Organizámolo atendendo ós nenos nas nosas casas, na medida das posibilidades de cada un, pero, se no futuro existe de novo demanda, temos pensado organizar algún servizo de gardería centralizado. - Cursiño de cociña de nadal (decembro de 2003). - Clases de cultura básica: trátase dunha iniciativa que xurdiu como resposta á demanda dalgúns membros do grupo. Comezamos no mes de Outubro do 2003 ata Xuño do 2004, contando con tres persoas voluntarias para impartir as clases. O horario foi de catro horas semanais, repartidas en dous días. Asistían tres persoas, e temos que destacar a súa exemplaridade na asistencia, puntualidade e aproveitamento. Durante o pasado curso, organizamos un cursiño de formación en tarefas domésticas, dirixido a mulleres inmigrantes, de dous meses de duración (abril e maio de 2005), con un total de 50 horas. As clases foron impartidas por profesorado voluntario das comunidades da Parroquia (non só do Grupo de Acollida). |



