| « | < | Agosto 2008 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 |
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Próximos eventos
| Sin eventos |
Horario misas
Luns a sábado: 20.00
Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30
Enquisa
| Presentación na diócese do curso de catequese 2007-08 |
| lunes, 08 de octubre de 2007 | |
|
Este sábado tivo lugar a presentación do curso de catequese 2007-2008, no Seminario Maior San Xosé coa presencia do bispo. A dita presentación asistiron catequistas de toda a diócese -tamén nos- e o delegado diocesán para a catequese que aproveitou para explicar o plan trienal de acción na catequese 2007-2010... O pasado sábado 6 de outubro tivo lugar a presentación do curso de catequese 2007-2008, no Seminario Maior San Xosé coa presencia do Sr. Bispo. Asistiron catequistas de toda a diócese -tamén da nosa parroquia- e o delegado diocesán para a catequese, José Vidal aproveitou para a explicar o plan trienal de acción na catequese 2007-2010. Logo de varios anos de reflexión dende a diócese proponse este plan cuxo eixe central vai ser a eucaristía, cun lema común: Eucaristía, fonte e cumio da vida cristiá. O obxectivo xeral e promover o aprecio e a vivencia da eucaristía como fonte e cumio da vida cristiá. Tomar conciencia e asumir a centralidade da eucaristía na vida cristiá como Misterio que se ha de crer. Os secretariados de catequese de Galicia propóñense levar a cabo unha serie de accións para acadar o obxectivo do curso entre as que salientan as seguintes: 1.- Ofrecer orientacións e instrumentos prácticos as parroquias para a celebración do Día da Catequese. 2.- Potenciar cursiños, encontros e escolas de formación de equipos educativos na fe para formarse, programar e celebrar a fe. 3.-Difundir distintos materiais que axuden os equipos de formación na fe, no desenvolvemento da súa tarefa 4.- Divulgar os materiais existentes para as catequeses de distintas idades. 5.- Promover o uso de materiais audiovisuais para lle dar máis forza expresiva nos encontros de catequese. Isto a grandes trazos o que deu de si esta xuntanza, sabedes que na parroquia hai máis información e tamén na páxina da diocese www. diocesetuivigo.org Bo curso para todo o equipo educativo na fe |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|


