|
miércoles, 14 de mayo de 2008 |
|
Nesta semana abriuse o prazo de inscrición dos "Campamentos Vilán 2008" para aqueles rapaces e rapazas que participan nas distintas etapas da educación na Fe, dende os que fixeron a comuñón este ano ata os que están preto de sen confirmar. Na sección de "Descargas" podedes atopar o folleto coa ficha de inscrición aos campamentos. As datas dos campamentos son:
- Nenos e nenas de 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria e 1º da ESO irán do 2 ao 11 de xullo.
- Adolescentes de 2º, 3º, 4º da ESO e Bacharelato irán do 11 ao 20 de xullo.
 |
|
Leer más...
|
|
|
miércoles, 14 de mayo de 2008 |
|
Ao redor duns 60 veciños, convocados polo Movemento Cidadán, reuníronse onte no salón de actos do complexo parroquial para: coñecer cando inciarán as obras do centro cultural e decidir que accións reivindicativas se levarán a cabo.
 |
|
Leer más...
|
|
|
martes, 13 de mayo de 2008 |
|
O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas dedicado este ano ao escritor tudense, Xosé María Alvárez Blázquez.

As actividades que se celebrarán no salón de actos da parroquia serán:
- Xoves, 15 de maio ás 20.00 h
CONFERENCIA: " Xosé M. Álvarez Blázquez" por Mª del Carmen Panero, escritora e profesora de literatura.
- Venres, 16 de maio ás 22.30 h
NOITE DAS LETRAS GALEGAS: Recital poético, literario e musical
- Sábado 17 de maio ás 20.00 h
TEATRO: "Parella Aberta" polo Grupo Sísifo |
|
|
martes, 13 de mayo de 2008 |
|
O día 11 de maio reunímonos en Vilán, todas as comunidades para celebrar a asemblea anual de comunidades de adultos. Non estabamos todos, mais había representantes de todas as comunidades, chegando case ás 60 persoas.
Podedes ver algunhas imaxes da asemblea na Galería de imaxes.
 |
|
Leer más...
|
|
|
domingo, 11 de mayo de 2008 |
|
Presentamos o artigo de Ignacio Ramonet co título "Motines del hambre", no que analiza o problema da subida do prezo dos alimentos e as súas consecuencias. O artigo o podedes ler en Rebelión.
 |
|
|
sábado, 10 de mayo de 2008 |
|
Presentamos as crónicas chegadas dende Haití, de dúas comunidades de relixiosas, nas que explican a situación de crise na que se atopa o país e as consecuencias da mesma sobre a poboación.
 |
|
Leer más...
|
|
|
sábado, 10 de mayo de 2008 |
|
O Movemento Cidadán da parroquia do "Cristo da Victoria" convoca. unha Asemblea, o martes 13 de maio ás 20.00 no salón de actos do complexo parroquial.
As razóns desta convocatoria son a actitude e as mentiras do bipartito municipal no referido á construción do Centro Cultural, por iso o martes a veciñanza de Coia decidirá que medidas tomará en resposta.
 |
|
|
viernes, 09 de mayo de 2008 |
|
O Fondo de Desenvolvemento para a Muller das Nacións Unidas, UNIFEM, está a levar a cabo unha Campaña contra a Violencia de Xénero e para apoiar solicita a sinatura, por Internet, do seu lema "Di NON á Violencia contra as Mulleres".
A web da campaña é: www.saynotoviolence.org |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 66 - 78 de 299 |