|
martes, 23 de octubre de 2007 |
|
Na web de altermundo podedes ler a entrevista que Enrique de Castro, sacerdote da comunidade de Entrevías en Madrid, concedeu a este medio coincidindo coa súa estancia en terras galegas. |
|
|
lunes, 22 de octubre de 2007 |
|
Dende hai uns meses na nosa cidade contamos cun espazo de intercambio e cesión que deixa fóra a imposición dos cartos. Este espazo de troco está formado por varios colectivos da cidade: C.S. "A Revolta", Amarante, Tenda Mundos, Árbore,C.S. "A Faísca", Verdegaia e asociación Caleidoskopio - C.S.A. Cova dos Ratos. Podedes ler máis información na súa web: vigotroca.arkipelagos.net |
|
|
lunes, 22 de octubre de 2007 |
|
A semana do 22 ao 28 de outubro a 2 de RTVE dedica a súa programación aos empobrecidos e inmigrantes a través do que chaman a semana Conciendia2. Isto consistirá en botar en horario de máxima audiencia documentais e películas que abordan temas sociais. Deste xeito hoxe luns ás 21.30 botan a pelicúla francesa "Clandestino", o martes estrean o documental "Novos españois" ás 22.30, o xoves ás 21.30 tamén o documental "Pateras" e o venres pechan o ciclo coa película colombiana "María llena eres de gracia". |
|
|
lunes, 22 de octubre de 2007 |
|
O domingo 21 en Vigo, ao igual que en moitas cidades do Estado, saíron á rúa, centos de persoas baixo a consigna: "Rebélate contra a pobreza, máis feitos, menos palabras". Esixíase aos políticos o cumprimento dos obxectivos do milenio para a erradicación da pobreza. A Comunidade parroquial, unha vez máis, estivo presente con algúns dos seus membros. Podes ler máis información na Voz de Galicia e ver as fotos da manifestación nas imaxes de Luar.
|
|
|
sábado, 20 de octubre de 2007 |
|
Na web de Redes Cristiás lemos que: "o Provincial de Congregación dos PP. Agustinos do cal depende o Colexio San Agustín de Madrid, que a I Asemblea de Redes Cristiás non poderá celebrarse en dito colexio. Estamos á espera de coñecer máis detalles sobre o lugar de onde procede esa orden, e as causas da mesma. A asemblea segue adiante e terá lugar, co mesmo programa e nas mesmas datas na Facultade de Ciencias Matemáticas da Universidade Complutense de Madrid". Estamos á espera de máis novas. |
|
|
jueves, 18 de octubre de 2007 |
|
Inoportunas e discriminatorias. Esta é a opinión dos católicos españoles agrupados en Redes Cristiás sobre a próxima beatificación de 498 persoas asasinadas no sector republicano, a práctica totalidade durante os primeiros meses da Guerra Civil de 1936. "Dado que a Igrexa [católica] non pediu perdón polo ocurrido, esta beatificación é inoportuna e manifesta a incapacidade da xerarquía por superar as posicións de fai 70 anos", opina este colectivo nun manifesto titulado Solidariedade con todas as vítimas da Guerra Civil e acerca da próxima beatificación. Podedes atopar o artigo completo na web do El País. |
|
|
lunes, 15 de octubre de 2007 |
|
A campaña destinada a esixir unha reforma profunda do sistema de Nacións Unidas, de modo que este organismo internacional que etermina moitas veces o destino dos países e dos seus habitantes teña un funcionamento verdadeiramente democrático (non coma agora), e que consecuentemente o FMI, BM e OMC estean subordinados a el e, polo tanto, á vontade dos pobos organizada democráticamente. Na actualidade hai unha recollida de sinaturas de apoio a esta campaña. |
|
|
lunes, 15 de octubre de 2007 |
|
O G.A.P.E. (Grupo de Apoio ás Persoas Estranxeiras) organiza unha xornadas de sensibilización os días 6-7-8 de novembro. Serán no salón de actos da parroquia a partires das 20.00 da tarde. |
|
Leer más...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 339 - 351 de 403 |