« < Agosto 2008 > »
L M X J V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Próximos eventos

Sin eventos

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio arrow Novas
Novas
Remataron os campamentos Vilán 2008
lunes, 21 de julio de 2008

Remataron os campamentos de Vilán 2008, este ano repartidos en dous turnos. Ao primeiro campamento asistiron rapaces de 9 a 13 anos, en total entre pequenos e maiores xuntámonos 60 persoas, que nos dez días puidemos compartir xogos, baños e espazos de convivencia moi rica.

Logo viñeron os adolescentes que pasaron catro días, moi calurosos por certo, en Vilán e arredores.

Como mostra destes días tedes na galería de imaxes as fotos do campamento de pequenos e maiores.

 
Principais problemas do mundo no 2004
viernes, 18 de julio de 2008

Presentamos o traballo feito por Icaro Doria para a revista Grande Reportagem para un articulo chaamado "Meet the World", no que axudado polas bandeiras de oito países preséntanos algúns dos problemas do mundo no 2004.

O podedes atopar na sección de descargas ou pinchando neste enlace.

Pedimos desculpas por publicar que o traballo o presentara un diplomático noruego, Charung Gollar, perante a ONU. Fomos vítimas das lendas urbanas que circulan por internet, pero iso non quita para que a presentación sexa moi boa.

 
Dorna pecha o curso 2007-08
miércoles, 02 de julio de 2008

O pasado mes de xuño a Asociación de Mulleres Dorna organizou o fin de curso no salón de actos do complexo parroquial.

Leer más...
 
"Alimentos, artigos de luxo", Frei Betto
martes, 01 de julio de 2008

Presentamos un dos últimos artigos de Frei Betto titulado "Alimentos, artigos de luxo" que podedes ler na web de Adital. Un pequeno avance:

"Quen imaxinou que tería que entrar nunha boutique para mercar arroz, frixois, verduras e carne? Pois quizáis non esteamos lonxe disto. O prezo medio dos alimentos triplicouse nos últimos doce meses."

Image

 
Asemblea informativa sobre o Centro Cultural de A Bouza
martes, 01 de julio de 2008

Agora que parece que existe vontade política para a construción do Centro Cultural, depende de nós tomar a decisión de como queremos que se constrúa.

O movemento cidadán o Noso Barrio conta con todas e todos vós na asemblea informativa do martes 8 de xullo ás 20.00 no salón de actos do complexo parroquial.

 
Hai futuro no capitalismo?, Frei Betto
lunes, 30 de junio de 2008

Presentamos o último artigo de Frei Betto, titulado Hai futuro no capitalismo?, o podedes ler en Rebelión.

Image

 
A austeridade que ven, José Mª Castillo
lunes, 23 de junio de 2008

Presentamos o último artigo de José Mª Castillo co título "A austeridade que ven" que podedes ler na web de MOCEOP:

"O petroleo púxose polas nubes e ademais queda pouco. A auga escasea cada día máis. A crise económica está á vista."

Image

 
A Bouza 2008
domingo, 22 de junio de 2008

Un ano máis celebramos a festa da Bouza, na que a veciñanza de Coia ademais de berrar polo Centro Cultural compartimos a ledicia de sabernos xuntos e cheos de vida.

Podedes ver algunhas imaxes do día na Galería de imaxes.

Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 14 - 26 de 292