panfleto copyleft :: recortar, pegar, modificar... crear!

ao caron das "I xornadas antisgae" (gustanos máis o de "pola cultura libre") das compas de "xogo descuberto", curramosnos unha maquetación con scribus, un pdf para sacar en a3 (o contido o tedes pola web), vos deixamos o pdf e os arquivos fonte...

moita teoría copyleft pero logo esquecemosnos de sacar as fontes!

que o modifiquedes ao voso gusto...

:: pdf para imprimir

:: fontes (scribus+imaxes)

Copyratas

 É hora de reclutarnos como tripulación nos portos, maís alo do 6667 e do 25, do 88 e do 465, incluso do 22. Chegou a hora de recoñecernos piratas. Aceptemos a metáfora radicalmente. Quizás os medios de comunicación de masas teñan razón despuis de todo... en efecto... quizás vivamos tempos de piratas... En definitiva o (ciber)espazo aberto polas novas tecnoloxías parecese bastante ao espazo aberto pola navegación marítima durante os séculos XVII e XVIII. Quizás a globalización económica neoliberal que crece hoxe imparabel parezase moito a súa predecesora etapa colonialista e imperialista sostida sobre o comerzo marítimo. En efecto estes som tempos de piratas. Estamos (seguimos) rodeados e sometidos ao poder inquisidor da igresa (monopolios da comunicación e da cultura ---vease SGAE, RIAA), ao incipente comerzo marítimo, á explotación indíxena e ao comerzo de escravos (capitalismo global - explotación do terceiro mundo)... sigue en pe o poder do imperio británico (apenas desprazado un continente e cambiada de forma su bandeira ---as cores seguen sendo as mesmas: masculinos, brancos, roxos e azuis). Mentras os navios da súa maxestade transportan escravos xunto ás riquezas dos campos comunais do planeta, mentras o imperio explota e aliena as súas tripulacions precarias, mentras a igresa garda celosamente o dereito á cultura... facerse pirata non parece tan mala idea despois de todo.

 Así que cecais teñan razón e sexamos nos_as  piratas. Pero maticemos quen somos realmente e cara onde navegamos. Sexamos nosotr_s quen dotemos de contido creativo á palabra, non deixemos que manipulen noso nome, non deixemos que definan eles os contornos do séu significado.

 Porque non somos piratas do roubo e da miseria. Somos piratas da abundancia e da festa. Porque a cultura e a ciencia, a tecnoloxía e os símbolos son tesouros que emanan de fontes colectivas. A redistribución social dos tesouros, lonxe de facer disminuir as arcas, as alimenta e enriquece a través do fluxo recombinante e a reapropiación comunitaria. Porque non somos piratas que ocultan tesouros materiais en recónditas illas. Somos piratas que habitamos os tesouros, que os producimos colaborativamente, que os compartimos pública e comunitariamente.

 Porque en efecto, sí, somos tamén piratas que asaltamos, pero non asaltamos ao músico do porto nin ao poeta da rúa. Asaltamos as rutas comerciais da precarización laboral, da mercantilización da cultura e as patentes de corso.


 Asaltamos para enriquecer o procomún (ben común), para abrir e defender as rutas de intercambio de habilidades e de experiencias, da libre circulación dos saberes e as técnicas. Nosos cañons disparan experimentos, código e información ao mundo, abordamos os navíos e os fortes do copyright e do imperio infocapitalista para desencadenr seus saberes escondidos, liberar o poder cognitivo, simbólico e cultural que xestionan desde Redmond, o Pentagono e a SGAE.

 Porque non somos piratas enemigas do tempo e de Peter Pan, senón amigos da esperanza e do desexo. Sin deixar de ser piratas do garfo: o primeiro cyborg, o primeiro implante tecnolóxico, a primeira prótesis. Porque somos cyborg de multitudes, metade carne e óso, metade garfo, corda e chumbo, usando navíos-programa como ferramentas de navegación colectiva polas redes tecnolóxicas. Somos tecnolaboratorio colectivo no que mapas e velas, técnicas de navegación e amarre fusionanse cos corpos e a adrenalina da acción directa e do abordaxe telemático.

 Porque non somos piratas con capitán. Somos piratas da mestizaxe, a multitude e a diferencia. Ninghen garda a chave do baúl nin o password do poder. Non hai entre nosotras piratas famosas senón navíos coñecidos, tripulacions de intelixencia e acción colectiva permiten facer cruxir a madeira mais aló dos seus límites, acadar os 30 nudos, 10 Megas de baixada e 200 de subida nos mares do intercambio p2p. Remamos entre todas cando o vento non acompaña ao ritmo da música libre.

 Porque non somos piratas que nos rindamos ao exército do imperio nin á disciplina do látigo e do remo. Tampouco nos tenta ser corsarios nin vendernos á protección das colonias. Somos piratas que queremos xestionar nosos veleiros da flexibilidade facendo fronte colectivamente á precariedad da vivenda, o traballo, os afectos e os papeis. Porque non somos piratas de terra firme. Somos piratas de mar, de arquipélagos sen nome, piratas sen patria e sen rei. Navegamos metrópolis. Por enriba dos rascaceos corporativos surcando as ondas.

Somos copyratas. Jolly Roger Morgan.

 Texto "anónimo" distribuido para o encontro cyber-activista HM<K'05 (Hackmeeting de Menorca 2005)

Alternativa copyleft, o exemplo de GNU/Linux

GNU/Linux un exemplo copyleft

Este sistema operativo permite ter unha computadora 100% funcional, con todo tipo de programas e utilidades, cubre desde as necesidades maís básicas, navegar pola rede, ofimática, ata edición de audio e video, creación 3d, análisis científicos, pasando por sistemas para dar servizos a redes, nun entorno seguro, amigable, robusto e moi adaptable a diferentes entornos e necesidades. E non esquezas que podes descargalo e usalo gratuitamente, animate, rachar co monopolio é realmente moi doado!
¿Cómo é posibel enton que un proxecto inicialmente amateur chegue a ser unha opción escollida por administracións públicas como a de Alemania, entidades como a NASA, centos de universidades e que numerorísimas empresas baseen o seu modelo de negocio nel? Por ter como base unha licenza totalmente libre (GPL), que permite usar, copiar, modificar e distribuir libremente este software.
Ou sexa, podemos ver como funciona, estudalo, modificalo, adaptalo e melloralo segundo as nosas necesidades, e posteriormente redistribuilo (incluso cobrar e vivir dignamente de facelo), pero iso si, coa condición de que ten que continuar sendo libre, non agochando as melloras (cousa que parece extrañamente molestar a moitas persoas).

Colaborar vs Competir
Podemos imaxinar que todo paso que se deu foi dado por todas, ou sexa non se reinventa a roda unha e outra vez, soamente con unha chega, logo pintaremos e daremos a forma que mellor se adapte as necesidades (non será igual unha roda de tractor que de bicicleta). Ou sexa, cando unha persoa avanza seguindo este modelo, o resultado é que todas avanzamos.
Isto implica un importantísimo cambio no paradigma da producción, a fórmula competitiva e o secretismo comenzan a ser desprazadas por estratéxias colaborativas e transparentes, agora non so gana o que ten a idea e a leva adiante, senon que toda a comunidade beneficiase.
Se este xeito de entender o progreso e o avance, como un ben para o conxunto de toda a humanidade, chega a empapar outros eidos da producción (industrial, farmaceutica, enerxética) cecais sexa unha porta cara unha sociedade maís xusta, equitativa, onde progreso e coñecemento sexa algo para todas e non so para unhas poucas.

¿Enton libre é gratis?
Pese a que unha grande parte dos manteñedores de Linux e dos programas libres é a propia comunidade que traballa altruistamente isto non quere decir que libre sexa sinónimo de gratis. A realidade e que este modelo xera moitos maís postos de traballo, reduce custes, e reparte maís a riqueza. Pode parecer contradictorio pero os monopolios enchen os petos dos de sempre a costa dos reditos do traballo nos casos do software e da cultura.
¿Vos imaxindes un albañil que nos cobrara sempre que usaramos unhas escaleiras contruidas por el? Ou que cada pouco tempo nos obrigara a cambialas por compatibilidades, isto é o que pasa na industria do software e das computadoras (por certo unha das maís contaminantes).

¿Aproveitaranse do meu traballo?
Si e non. Antes de nada deixemos claro que toda persoa, nesta suposta sociedade do benestar, tería que ter os medios necesarios para ter unha existencia digna so polo feito de ser parte dela. Logo, retomando o tema, é de supor que se fas algo e por que te gusta facelo, xa sexa programar, tocar música ou grabar videos, poñer clausulas non comerciais, se o pensamos friamente (aianda que a todos nos moleste que unha multinacional use a nosa obra para promocionar a súa merda) e poñer freo a expansión da nosa creación, quitanos posibilidades de futuro, de ser coñecidas e que nos encargen novos traballos.
Pensemos que sempre nos estamos aproveitando, de quen nos ensinou a falar, de aquel grupo que te abreu os ollos a novos estilos. A idea e cobrar por traballar, non polos réditos do traballo, que músicos saquen cartos dos concertos, os programadores de programar...
Co mundo dixital cecais certos nichos desaparezcan, como no seu tempo desapareceron escribanos, pero a posibilidade de que o custe da copia sexa cero abre un mundo de posibilidades creadoras, agora é responsabilidade nosa experimentar novos modelos, maís xustos para todas.
Se queres limusina, chofer, grifería de ouro... sendo copyleft sera complicado... pero usando molelos que antepoñen o lucro seguramente exprimirante cual laranxa zumeira (se consideran que tes zume abondo).
Vos escolledes, podedes ser parte do problema ou da solución, podedes crear libremente e compartir as vosas creacions, usar as obras libres para os vosos traballos, locais ou como música de fondo nas vosas vidas... cecais a realidade cambie para todas.

esquema lizenzas e dereitos de autor

Unha adaptación dun esqueda da oficina de software libre da USC

fonte svg adxunta

 

pequena escolma de espazos con materias libres ou non comerciais

que o modelo mercantilizador da cultura, xerado pola economía dominate, estea obsoleto e non funcione, non é o noso problema, nos construimos, compartimos, disfrutamos e vivimos as alternativas, aqui e agora

# xeral
http://www.manualcopyleft.net :: libro moi compreto sobre copyleft e licenzas
http://creativecommons.org :: web oficial do proxecto Creative Commons
http://artlibre.org :: copyleft actitude, licenza de arte libre

# asesoramento
http://www.exgae.org :: asesoría legal contra abusos das entidades de xestión

# licenciar obras
https://safecreative.org :: rexistro dixital de obras e dereitos da propiedade intelectual
http://www.musicalibre.es :: iniciativa para licenciar obras creative commons

# activismo
http://antisgae.blogaliza.org :: acción cultura libre
http://compartiresbueno.net :: rede social pola libre circulación do coñecemento
http://www.nosoypirata.com :: exercer os teus dereitos non te fai pirata
http://noalprestamodepago.org :: contra o canon polo emprestito de libros
http://hacklabs.org :: espazos de recombinación hacktivista

# informática libre
http://www.fsf.org :: fundación para o softwarelibre
http://www.gnu.org :: proxecto da fsf para facer un sistema operativo libre
http://debian.org :: sistema operativo universal
http://www.usc.es :: oficina de software libre da usc

# ciencia
http://sciencecommons.org :: sección de creative commons para ciencia
http://www.plos.org :: librería pública de ciencia
http://digital.csic.es :: repositorio científico do csic
http://e-spacio.uned.es :: materias da uned

# bases audio
http://www.freesound.org :: base colaborativa de sonidos Creative Commons
http://ccmixter.org :: comunidade de música para facer remixturas

# netlabels
http://www.alg-label.com :: da comunidade creativa alg-a
http://www.aregueifa.net :: plataforma de creación galega
http://netlabels.org :: catálogo de netlabels internacional

# portais audio
http://www.jamendo.org :: miles de referencias internacionais, espazo para grupos...
http://www.musicalibre.info :: portal de música estatal
http://www.escoitar.org :: proxecto de memoria sonora da Galiza

# video
http://www.olholivre.net :: colectivo galego de creación libre audiovisual
http://gzvideos.info :: espazo audiovisual dos movimentos sociais galegos
http://pelisparatodas.arkipelagos.net :: portal con descargas de cine copyleft

# literatura
http://www.estaleiroeditora.org :: editorial creative commons en galego
http://www.gutenberg.org :: maís de 25000 textos para baixar
http://wikisource.org :: biblioteca online copyleft
http://wikibooks.org :: manuais, tutoriais colaboratios e libres

# información
http://www.indymedia.org :: rede global de contra-información, nodos locais
http://galiza.indymedia.org :: nodo galego da rede indymedia
http://wikinews.org :: fonte de novas libres e colaborativas

# varios
http://www.archive.org :: maior arquivo dixital de material libre
http://ibiblio.org :: outro dos maiores arquivos publicos dixitais
http://wikipedia.org :: enciclopedia libre e colaborativa
http://wikiversity.org :: plataforma educativa colaborativa, libre e gratuita
http://wiktionary.org :: diccionario colaborativo libre

Conteúdo sindicado
- - -
[ trebelab || 2008 copyleft || cova dos ratos, romil 3, vigo || info@arkipelagos.net ]