« < Marzo 2010 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

viernes 12 de marzo
21:00 h
- 22:30 h
Charlas de Coresma
sábado 13 de marzo
17:00 h
- 18:30 h
Charlas de Coresma

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Suscrición ao RSS

Inicio
Benedicto XVI e a Teoloxía da Liberación
martes, 15 de diciembre de 2009

Podemos ler na web de Redes Cristiás dous artigos ("El Papa quiere enterrar la Teología de la Liberación" e "Benedicto XVI denostó a la Teología de la Liberación") nos que se presenta algunhas das opinións do Papa Benedicto XVI sobre a Teoloxía da Liberación.

 
"O legado de 1989 nos dous hemisferios", Noam Chomsky
lunes, 14 de diciembre de 2009

Podemos ler hoxe na páxina de Redes Cristiás un artigo de Chomsky comparando a commemoración da caída do muro de Berlín en 1989 e a pouca atención prestada a outro feito que se produciu naquel mesmo ano en América Latina: o asasinato dos jesuitas no Salvador.

Leer más...
 
Xuntos por Aminatu: polo seu regreso a casa!
lunes, 14 de diciembre de 2009

Tras case un mes en folga de fame iniciada a raiz da súa arbitraria expulsión de Marrocos, a vida da activista saharauí, Aminatu Haidar, comeza a pender dun fío.

Os intentos errados do goberno español de persuadir a Marrocos para que permita o regreso de Haidar á súa casa no Sahara Occidental, obrigan a unha maior presión internacional que poña fin a esta escandalosa situación.

Unamos a nosa voces a todos os que están mobilizándose polo dereito de Aminatu a volver ao seu fogar cos seus sen renunciar á súa dignidade e liberdades. Asina a petición, e axuda a xerar unha verdadeira marea de opinión pública reenvíandola a todos os teus amigos e coñecidos.

Toda a información neste enlace: http://www.avaaz.org/es/haidar_safe_return/97.php/?cl_tta_sign=5575af6d53ded151ff8382fcb8663745

 
O papel da Biblia nunha comunidade cristiá
viernes, 11 de diciembre de 2009

Andrés Torres Queiruga, cunha linguaxe coloquial e sinxela, na charla de onte foinos dando algunhas pautas a ter en conta cando unha comunidade proponse entrar seriamente na lectura da Biblia. As pautas serían as seguintes:

Leer más...
 
18 dec - Día internacional das Persoas Migrantes
sábado, 12 de diciembre de 2009

O Foro Galego de Inmigración que reúne a varias asociacións de Galicia convoca un acto lúdico-reivindicativo na Praza do Toural ás 19h30 en Santiago de Compostela baixo o lema "Dereitos iguais para tod@s", este acto celébrase no día internacional das Persoas Migrantes.

Leer más...
 
Carta aberta de Aminetu Haidar
viernes, 11 de diciembre de 2009

Achegamos a carta de Aminetu Haidar que escribiu co motivo do día dos Dereitos Humanos, mentres ela segue coa folga de fame...

Leer más...
 
Declaración Universal de Dereitos Humanos
jueves, 10 de diciembre de 2009

O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Tras este acto histórico, a Asemblea pediu a todos os países membros que publicasen o texto da Declaración e dispuxesen que fose "distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros establecementos de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios".

Máis información na web de Nacións Unidas: www.un.org/es/documents/udhr

Leer más...
 
Conferencias Pobreza Cero
domingo, 06 de diciembre de 2009

O ciclo de conferencias “Contra a pobreza: Presiona!” abrirá coa presenza de Pablo J. Martínez Osés Coordinador da “Plataforma 2015 y más” que abordará os retos pendentes para acadar os ODM na charla “ODM, pódese acabar coa pobreza?”. Será o xoves 10 de Decembro no centro Sociocultural Caixa Galicia Vigo ás 19h00.

A segunda conferencia do ciclo se presentará baixo o título: "A alternativa está aquí (ou de como as mulleres cambiamos o mundo)". A relatora será a escritora e Presidenta da ONGD Implicadas no Desenvolvemento, María Reimóndez.. Será o xoves 17 de Decembro na sala de Conferencias do Centro Social Caixanova ás 19h30.

O catedrático de economía aplicada na Universidad Autónoma de Barcelona, Arcadi Oliveres, ofrecerá a conferencia “Acabar coa pobreza en tempos de crise”. Oliveres é toda unha eminencia en materias como: relacións norte-sur, comercio internacional, débeda externa e consumo responsable. Será o martes 29 de Decembro no auditorio Centro Cultural Caixanova ás 19h30.

 
Campaña de Nadal 2009
domingo, 06 de diciembre de 2009

Este anos os dous proxectos aos que destinará os cartos recadados na campaña de nadal 2009 irán dirixidos a :

- Axuda ao financiamento da escola “María Soliña” en Pubai (India) que dá educación, alimentación e atención sanitaria a máis de 300 cativos.

- Colaboración coa Asociación O PETO para a concesión de microcréditos dirixidos á creación de emprego.

Os donativos poden facerse en metálico na parroquia ata o 24 de Xaneiro ou na conta nº 45175 de Caixanova.

 
A Rede Social Galicia Sur denuncia que o concello destina poucos cartos a axudas á cooperación
jueves, 03 de diciembre de 2009

A Rede Social Galicia Sur lanza unha campaña na que denuncia a escasa axuda que o concello de Vigo dedica a axudas ao Terceiro Mundo: «Hai que humanizar os orzamentos municipais», afirmou Francisco Vallverdú, voceiro de Eduación sen Fronteiras, para referirse á escasa aportación económica do Concello de Vigo á cooperación internacional. Según a Dirección Xeral de Políticas de Desarrollo, Vigo so aporta cen mil euros do seu orzamento anual a este obxectivo. A cifra representa o 0,043% do seu orzamento, e queda moi por detrás de municipio como Xixón (0,7%, 1,6 millóns de euros), Córdoba (1,1%, 3,7 millóns de euros) ou Logroño (0,6%, 1,1 millóns de euros).

Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 61 - 75 de 718