As “Imanciñas” do grupo de autoapoio "Imán" desexamos facer público que o sábado imos participar nas actividades que se organizan na praza 8 de Marzo, na rúa Camelias, e facer visible as carencias, estigmatización e exclusión que vimos sufrindo as mulleres con problemas de adiccións a sustancias tóxicas.
Esta exclusión faise insoportable cando as propias normas das Casas de acollida de protección á muller maltratada réxense por normas excluíntes que nos veñen deixando fora polo feito de padecer adiccións e/ou enfermidades infectocontaxiosas non xustificable dende o punto de vista clínico.
O Grupo Imán, o programa Sereos e a nosa Parroquia veñen de emitir un comunicado no que se pon en coñecemento da cidadanía a situación que se está a producir polo desaloxo forzoso das choupanas que albergan as persoas sen teito no Casco Vello e outras zonas da cidade.
Estes desaloxos, se ben son legais, parecen ignorar a dimensión moral e a obriga humanitaria das administracións públicas.
Dende a comunidade pretendemos iniciar aos máis cativos na Educación da Fe tratando temas sobre a vida de Xesús, valores cristiáns a través de cancións, debuxaremos, contaremos contos.
A catequese faise os domingos ás 12.30 na sala de xuntas II -ao carón do cine- e está dirixida ás nenas e nenos de entre 3 e 7 anos.
Este domingo xa podedes vir, estamos esperándovos!
Presentamos este artigo de Leonardo Boff titulado "O rescate da utopía" que podedes ler en Atrio.
Aquí tedes unn anaco: "No desamparo no que se atopa a humanidade actual faise urxente rescatar o sentido libertador da utopía. En verdade, vivimos no ollo dunha crise de civilización de proporcións planetarias. Toda crise ofrece oportunidades de transformación e riscos de fracaso. Na crise mestúranse medo e esperanza, especialmente agora que estamos xa dentro do proceso de calentamento planetario."
Profesionais e pacientes da unidade de fisioterapia do Centro de Saúde do noso barrio concentráronse contra o anuncio de peche deste servizo.
A plataforma de fisioterapeutas denuncia a precariedade na nosa cidade desta rama asistencial, en contraste coa súa situación noutras poboacións de Galicia. Esta mesma plataforma está a recoller sinaturas para presionar á administración neste sentido.