|
lunes, 11 de enero de 2010 |
|
A asociación de mulleres Dorna achega a programación para os meses de xaneiro, febreiro e marzo cargada de actividades.
 |
|
Leer más...
|
|
|
viernes, 08 de enero de 2010 |
|
Achegamos o artigo titulado "As vergoñas de Cáritas" do periodista de RTVE Vicente Romero (blog: blogs.rtve.es/vicenteromero)no que reflexiona sobre a medida tomada por Cáritas en relación ás axudas que dende este organismo se prestaban na parroquia de San Carlos de Borromeo de Entrevías.
Podedes ler o artigo neste enderezo: http://blogs.rtve.es/vicenteromero/2010/1/5/las-verguenzas-caritas
 |
|
|
viernes, 08 de enero de 2010 |
|
O pasado mércores día 5 de xaneiro a Rede Social Galicia Sur convocou unha concentración nas escaleiras do Marco para pedir a apertura do centro de inclusión social para persoas sen teito. Ao acto asistiu un dos reis meigos ao que lle puidemos deixar unha morea de zapatos cos que lle pedíamos que esa noite nos trouxeran o ansiado centro para os sen teito.
Podedes ler máis información do acto na Voz de Galicia (2)
 |
|
|
jueves, 07 de enero de 2010 |
|
No día de onte volvemos vivir unha tarde máxica. As súas Maxestades, os Reis de Oriente, acompañados duns paxes de primeira, chegaron de novo ao noso barrio ás 17h00. O punto de encontro era a Praza do Pobo. Alí os máis pequenos, e moitos deles por primeira vez, tiveron o primeiro contacto cos Reis quen repartiron moitos caramelos, sorrisos e apertas. Acto seguido lanzáronse os globos de papel ante a expectación de todo o mundo.
Na parroquia, tivo lugar a acollida dos Reis Meigos co primeiro encontro co Neno Jesús. Logo deuse paso ao "gran desfile" de pequenos e maiores, en torno ás 300 persoas, para entregarlles as súas cartas a cambio dunhas palabras, unhas apertas e un puñado de caramelos.
As panxoliñas acompañaron todo o serńa a cargo dun grupo de voluntarios que se entregaron de corpo e alma. Como as tardes son frías nesta época, non podía faltar o chocolate con pastas que xa está sendo un clásico nesta Festa. Cando nos demos conta eran xa as 19h30. Aos nosos Reis Meigos quedáballes unha longa noite percorrendo casa por casa para cumprir o desexo de todos nós. Podedes ver algunhas imaxes do acontecemento na Galería de Imaxes.
 |
|
|
martes, 29 de diciembre de 2009 |
|
Tras un parón volvemos a achegar dous textos de Marieta Manso. O primeiro "Alegre rebeldía" convídanos a parar un momento e reflexionar sobre a linguaxe para que dende ela poder cambiar as nosas vidas. No segundo que leva por título "Desde mi ventana" decatámonos das pequenas perdas que conleva os camiños da sociedade capitalista.
 |
|
Leer más...
|
|
|
martes, 29 de diciembre de 2009 |
|
Coma todos os anos por estas datas a Coordinadora de Crentes Galeg@s presenta o Documento da Paz que este ano dedican ao tema da Banca Ética.
 |
|
Leer más...
|
|
|
lunes, 28 de diciembre de 2009 |
|
O Centro Cultural “Rueiro” da nosa parroquia cambia a dirección da súa páxina web que agora podedes atopar en www.centroculturalrueiro.es
Intenta con esta nova páxina informar a tod@s máis claramente das súas actividades á vez que desexa facer públicas todas aquelas informacións interesantes no eido da cultura e especialmente da cultura galega. Todas aquelas suxestións que vos parezan oportunas sobre a páxina as podedes facer no correo:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
 |
|
|
lunes, 28 de diciembre de 2009 |
|
Coincidindo co cume do clima celebrado en Noruega o escritor uruguaio Eduardo Galeano escribiu un artigo co título: "O nariz de Pinocho e o desastre ecolóxico".
 |
|
Leer más...
|
|
|
lunes, 28 de diciembre de 2009 |
|
Mentres prosigue a loita pola apertura do albergue para sen teito na cidade o concello de Vigo habilitou nestes días o pavillón de Berbés para acoller ás persoas que están a vivir na rúa da cidade, esta é a nota de prensa do concello:
 |
|
Leer más...
|
|
|
jueves, 24 de diciembre de 2009 |
|
Probablemente liades días atrás, nalgúns medios, as denuncias que un grupo de expertos da ONU fixeron sobre ONGs de orixe cristiá acusándoas de financiar a grupos armados na RD do Congo.
A Federación de Comités de Solidariedade con África Negra quere saír ao paso destas falsas denuncias e dar todo o seu apoio solidario a estas organizacións a través dun comunicado.
 |
|
Leer más...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 46 - 60 de 718 |