|
lunes, 10 de septiembre de 2007 |
|
O colectivo vigués Xogo descuberto organizou o pasado sábado a primeira reconquista de Toralla para reclamar o uso público da illa e para denunciar a especulación urbanística no noso litoral. No ataque participaron unha ducia de embarcacións e piratas que levaron música e moita festa á illa. Chegamos á praia onde despois do baño leuse o manifesto. Despois disto ao redor de 300 persoas entraron pacíficamente na illa ata que os antidisturbios a desaloxaron iso si de moi mal modo, chegando a agredir a un compañeiro (podes lelo na Voz de Galicia ).
Podedes ler máis información na Voz de Galicia e en Galiza Indymedia .
|
|
|
jueves, 06 de septiembre de 2007 |
|
Como notaredes nas últimas semanas a páxina da parroquia sufriu algúns trocos. O motivo dos mesmos e facer da web unha ferramenta ao servizo da comunidade e das persoas que a visiten. Por estas razóns iremos incorporando materiais para catequese e para as celebracións, galería de imaxes da parroquia, reabriremos o foro, novos enlaces, etc. Por certo queremos que a páxina teña visitas polo que é bo que a poñades como páxina de inicio ou que avisedes á xente de que a visite. Un saúdo! |
|
|
jueves, 06 de septiembre de 2007 |
|
A asociación xuvenil Luar quere informarvos de temos páxina web, así que non vos esquezades de visitala e recomendala. Lembramos que Luar necesita xente que achegue novas ideas e que teñas ganas de seguir facendo cousiñas. Pois nada visitádenos! |
|
|
martes, 04 de septiembre de 2007 |
|
Recordamos que o despacho da traballadora social está de novo aberto o horario polo momento é igual que o ano pasado: Luns de 17.00 - 19.00. Este ano xa non vai estar Ángeles presencialmente e toma o relevo Diego que a partir de agora coa axuda de Ángeles e máis xente farase cargo da atención. A idea e convertirse nunha oficina de información de dereitos sociais na que persoas do barrio e da cidade poidan asesorarse das prestacións sociais que existen dende unha perspectiva crítica e de denuncia. Polo momento aínda estamos coa elaboración desta nova proposta pero en breve xa vos daremos máis información. |
|
|
jueves, 30 de agosto de 2007 |
|
Un cento de persoas estivo onte xunto ao grupo IMÁN na rúa do Príncipe para reclamar o albergue público prometido pola Xunta e o Concello de Vigo para as persoas sen teito. Ademais sinalouse que estas dúas administracións non responden ás cartas enviadas nun claro caso de descortesía institucional. Sinalouse que na nosa cidade persoas enfermas, embarazadas están malvivindo en choupanos ante a falla de recursos para as persoas que viven na rúa. |
|
|
lunes, 27 de agosto de 2007 |
|
O clube internacional de prensa de Galicia organiza un ciclo de conferencias en varias cidades galegas, entre ellas Vigo, para reflexionar sobre a pobreza no noso mundo. As conferencias comezan en outubro e nelas poderemos escoitar e ver a: Ignacio Ramonet, Frei Betto, Sami Nair, Carlos Taibo... Se queredes coñecer máis deste ciclo visitade Pobre mundo rico |
|
|
viernes, 24 de agosto de 2007 |
|
Queda claro que os medios de información condicionan a visión que temos da realidade, polo que queremos amosar algunhas experiencias informativas alternativas. Unha delas é o xornal Diagonal ...

|
|
Leer más...
|
|
|
martes, 21 de agosto de 2007 |
|
Coincidindo coa semana festiva persoas de diferentes comunidades pasaron uns días na casa de convivencias de Boñar (León). A experiencia foi moi enriquecedora polo que seguirase convidando ao resto das comunidades. |
|
|
sábado, 11 de agosto de 2007 |
|
Como xa observariades nos meses de verán a actividade na páxina diminuíu, como na parroquia. Os nen@s foron de campamentos, as comunidades fan as súas convivencias... e moitos descansamos. Así que en setembro vémonos. |
|
|
martes, 19 de junio de 2007 |
|
Este fin de semana 23 e 24 de xuño quedamos para limpar e acondicionar Vilán. Hai varios grupos o primeiro sae o sábado pola mañá e tamén haberá xente que subirá o domingo. |
|
Leer más...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 361 - 375 de 399 |