|
sábado, 03 de noviembre de 2007 |
|
Pouco menos dun cento de persoas xuntámonos para lembrar ás persoas que na nosa cidade e en moitas máis foron vítimas da pobreza, do VIH, das adicións e da desigualdade.
No acto no que houbo música, flores, palabras e moito sentimento quedou de manifesto que as vidas dos que nos abandoaron non quedan no esquecemento.
Máis información na web da Voz de Galicia. |
|
|
lunes, 15 de octubre de 2007 |
|
O G.A.P.E. (Grupo de Apoio ás Persoas Estranxeiras) organiza unha xornadas de sensibilización os días 6-7-8 de novembro. Serán no salón de actos da parroquia a partires das 20.00 da tarde. |
|
Leer más...
|
|
|
martes, 30 de octubre de 2007 |
|
Como ven sendo tradicional o grupo Imán -xunto a Sereos e a nosa comunidade- convídanos o venres 2 de novembro ás 18.30 nos xardíns do museo Quiñones de León no parque de Castrelos para celebrar o Día de defuntos dun xeito especial. Celebraremos o acto malia que chova ao carón da pedra que en latín di: "Fai agora o que quererías facer cando morreras" No acto lembraremos a aquelas persoas que morreron vítimas do SIDA, das adicións, da pobreza extrema e da violencia. Podedes levar flores, velas ou algún texto para ler. |
|
|
martes, 30 de octubre de 2007 |
|
O pasado 28 de outubro Redes Cristiás sacou unha nota de prensa na que explica as razóns do troco de lugar da I Asemblea. O podedes ler en castelán na web de Redes Cristiás e en galego aquí. |
|
Leer más...
|
|
|
martes, 30 de octubre de 2007 |
|
Nestes días estreamos unha nova sección na web chamada "Descargas". Dende aí poderedes descargar algúns materiais para: catequese, celebracións, artigos interesantes, etc. Pouco a pouco iremos subindo cousas como as programacións anuais dos diferentes cursos de catequese, evanxeos para a preparación das celebracións... |
|
|
martes, 23 de octubre de 2007 |
|
Na web de altermundo podedes ler a entrevista que Enrique de Castro, sacerdote da comunidade de Entrevías en Madrid, concedeu a este medio coincidindo coa súa estancia en terras galegas. |
|
|
lunes, 22 de octubre de 2007 |
|
Dende hai uns meses na nosa cidade contamos cun espazo de intercambio e cesión que deixa fóra a imposición dos cartos. Este espazo de troco está formado por varios colectivos da cidade: C.S. "A Revolta", Amarante, Tenda Mundos, Árbore,C.S. "A Faísca", Verdegaia e asociación Caleidoskopio - C.S.A. Cova dos Ratos. Podedes ler máis información na súa web: vigotroca.arkipelagos.net |
|
|
lunes, 22 de octubre de 2007 |
|
A semana do 22 ao 28 de outubro a 2 de RTVE dedica a súa programación aos empobrecidos e inmigrantes a través do que chaman a semana Conciendia2. Isto consistirá en botar en horario de máxima audiencia documentais e películas que abordan temas sociais. Deste xeito hoxe luns ás 21.30 botan a pelicúla francesa "Clandestino", o martes estrean o documental "Novos españois" ás 22.30, o xoves ás 21.30 tamén o documental "Pateras" e o venres pechan o ciclo coa película colombiana "María llena eres de gracia". |
|
|
lunes, 22 de octubre de 2007 |
|
O domingo 21 en Vigo, ao igual que en moitas cidades do Estado, saíron á rúa, centos de persoas baixo a consigna: "Rebélate contra a pobreza, máis feitos, menos palabras". Esixíase aos políticos o cumprimento dos obxectivos do milenio para a erradicación da pobreza. A Comunidade parroquial, unha vez máis, estivo presente con algúns dos seus membros. Podes ler máis información na Voz de Galicia e ver as fotos da manifestación nas imaxes de Luar.
|
|
|
sábado, 20 de octubre de 2007 |
|
Na web de Redes Cristiás lemos que: "o Provincial de Congregación dos PP. Agustinos do cal depende o Colexio San Agustín de Madrid, que a I Asemblea de Redes Cristiás non poderá celebrarse en dito colexio. Estamos á espera de coñecer máis detalles sobre o lugar de onde procede esa orden, e as causas da mesma. A asemblea segue adiante e terá lugar, co mesmo programa e nas mesmas datas na Facultade de Ciencias Matemáticas da Universidade Complutense de Madrid". Estamos á espera de máis novas. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 331 - 345 de 399 |