« < Diciembre 2008 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

Sin eventos

Horario misas

Luns a sábado: 19.30

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio
Xornadas de sensibilización sobre a inmigración
lunes, 15 de octubre de 2007

O G.A.P.E. (Grupo de Apoio ás Persoas Estranxeiras) organiza unha xornadas de sensibilización os días 6-7-8 de novembro. Serán no salón de actos da parroquia a partires das 20.00 da tarde.

Image

Leer más...
 
Día de defuntos en Castrelos co grupo Imán
martes, 30 de octubre de 2007

Como ven sendo tradicional o grupo Imán -xunto a Sereos e a nosa comunidade- convídanos o venres 2 de novembro ás 18.30 nos xardíns do museo Quiñones de León no parque de Castrelos para celebrar o Día de defuntos dun xeito especial.

Celebraremos o acto malia que chova ao carón da pedra que en latín di: "Fai agora o que quererías facer cando morreras

No acto lembraremos a aquelas persoas que morreron vítimas do SIDA, das adicións, da pobreza extrema e da violencia. Podedes levar flores, velas ou algún texto para ler.

Image 

 
Nota de prensa sobre o veto da "I Asemblea de Redes Cristiás"
martes, 30 de octubre de 2007

O pasado 28 de outubro Redes Cristiás sacou unha nota de prensa na que explica as razóns do troco de lugar da I Asemblea.

O podedes ler en castelán na web de Redes Cristiás e en galego aquí.

Image 

Leer más...
 
Estreo da sección "Descargas"
martes, 30 de octubre de 2007

Nestes días estreamos unha nova sección na web chamada "Descargas". Dende aí poderedes descargar algúns materiais para: catequese, celebracións, artigos interesantes, etc.

Pouco a pouco iremos subindo cousas como as programacións anuais dos diferentes cursos de catequese, evanxeos para a preparación das celebracións...

Image 

 
Entrevista a Enrique de Castro
martes, 23 de octubre de 2007

Na web de altermundo podedes ler a entrevista que Enrique de Castro, sacerdote da comunidade de Entrevías en Madrid, concedeu a este medio coincidindo coa súa estancia en terras galegas.

Image 

 
Vigotroca: espazo de intercambio
lunes, 22 de octubre de 2007

Dende hai uns meses na nosa cidade contamos cun espazo de intercambio e cesión que deixa fóra a imposición dos cartos.

Este espazo de troco está formado por varios colectivos da cidade: C.S. "A Revolta", Amarante, Tenda Mundos, Árbore,C.S. "A Faísca", Verdegaia e asociación Caleidoskopio - C.S.A. Cova dos Ratos.

Podedes ler máis información na súa web: vigotroca.arkipelagos.net

Image 

 
Semana sobre temas sociais en "La 2"
lunes, 22 de octubre de 2007

A semana do 22 ao 28 de outubro a 2 de RTVE dedica a súa programación aos empobrecidos e inmigrantes a través do que chaman a semana Conciendia2. Isto consistirá en botar en horario de máxima audiencia documentais e películas que abordan temas sociais.

Deste xeito hoxe luns ás 21.30 botan a pelicúla francesa "Clandestino", o martes estrean o documental "Novos españois" ás 22.30, o xoves ás 21.30 tamén o documental "Pateras" e o venres pechan o ciclo coa película colombiana "María llena eres de gracia".

Image 

 
Manifestándose contra a pobreza
lunes, 22 de octubre de 2007

O domingo 21 en Vigo, ao igual que en moitas cidades do Estado, saíron á rúa, centos de persoas baixo a consigna: "Rebélate contra a pobreza, máis feitos, menos palabras". Esixíase aos políticos o cumprimento dos obxectivos do milenio para a erradicación da pobreza.

A Comunidade parroquial, unha vez máis, estivo presente con algúns dos seus membros.

Podes ler máis información na Voz de Galicia e ver as fotos da manifestación nas imaxes de Luar.

Image 

 
Vetada a I Asemblea de Redes Cristiás
sábado, 20 de octubre de 2007

Na web de Redes Cristiás lemos que: "o Provincial de Congregación dos PP. Agustinos do cal depende o Colexio San Agustín de Madrid, que a I Asemblea de Redes Cristiás non poderá celebrarse en dito colexio. Estamos á espera de coñecer máis detalles sobre o lugar de onde procede esa orden, e as causas da mesma.

A asemblea segue adiante e terá lugar, co mesmo programa e nas mesmas datas na Facultade de Ciencias Matemáticas da Universidade Complutense de Madrid".

Estamos á espera de máis novas.

 
Redes cristiás pide aos bispos que recoñezan as súas culpas na Guerra Civil
jueves, 18 de octubre de 2007

Inoportunas e discriminatorias. Esta é a opinión dos católicos españoles agrupados en Redes Cristiás sobre a próxima beatificación de 498 persoas asasinadas no sector republicano, a práctica totalidade durante os primeiros meses da Guerra Civil de 1936.

"Dado que a Igrexa [católica] non pediu perdón polo ocurrido, esta beatificación é inoportuna e manifesta a incapacidade da xerarquía por superar as posicións de fai 70 anos", opina este colectivo nun manifesto titulado Solidariedade con todas as vítimas da Guerra Civil e acerca da próxima beatificación.

Podedes atopar o artigo completo na web do El País

 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 Siguiente > Final >>

Resultados 301 - 315 de 368