|
lunes, 01 de octubre de 2007 |
|
A partires do luns 1 de outubro o horario de misas pasa a ser o seguinte: - Días laborables e sábados: 19.30 - Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (língua galega) e 12.30. A misa d@s nen@s desaparece do horario semanal de misas e será sustituido por unha eucaristía familiar, que celebraremos aproximadamente cada seis semanas. Avisarase oportunamente do calendario anual destas celebracións.
|
|
|
viernes, 28 de septiembre de 2007 |
|
O grupo Imán xunto a membros da comunidade e do comité en defensa d@s pres@s Concepción Arenal aproveitaron o día da Mercé para denunciar a masificación da cade da Lama e o incumprimento da lexislación en materia de reeducación, de atención ás persoas enfermas, etc. Máis información na Voz de Galicia e no diario 20 minutos . |
|
|
jueves, 27 de septiembre de 2007 |
|
Este sábado 22 de setembro tivo lugar unha reunión do colectivo Verapaz na parroquia. A razón da mesma era preparar o "Congreso de xustiza e paz" que os días 28, 29 e 30 de marzo vaise celebrar na nosa comunidade. O programa está case rematado e en breve o publicaremos.
Lembramos que no ano 2000 a nosa comunidade albergou unha edición deste congreso con grato recordo para tod@s, polo que estamos a traballar para que no 2008 disfrutemos deste espazo de reflexión e celebración da fe.  |
|
|
viernes, 21 de septiembre de 2007 |
|
Este ano xa vos dicíamos que o despacho da traballadora social ía sufrir algúns trocos, e todo isto para intentar construír un servizo de información de dereitos sociais. Con el queremos varias cousas: - Informar realmente das axudas sociais (contías, requisitos, documentación). - Denunciar publicamente as inxustizas no eido dos servizos sociais. - Favorecer a mobilización das persoas afectadas pola pobreza e a precariedade. Estamos na actualidade preparando unha campaña de presentación do servizo polo que xa teredes máis novas. |
|
|
lunes, 17 de septiembre de 2007 |
|
Xa está aberto o prazo de inscrición (do 17 ao 1 de outubro) para o curso 2007/08 da catequese. Para anotarvos compre pasar polo despacho parroquial calquera día da semana de 20.00 a 21.00 Tan só tedes que levar 2 € para gastos de material e unha foto. Lembramos os días e horarios da catequese: Iniciación: martes de 19.00 a 20.00 Comuñón: sábados de 12.00 a 13.00 Poscomuñón: domingos 12.00 a 13.0 Adolescentes: martes de 20.00 a 21.00 (horario por confirmar) |
|
|
lunes, 17 de septiembre de 2007 |
|
Artigo de debate sobre o levantamento das restriccións da misa en latín por parte do Papa. Ofrecemos este artigo para coñecer máis do tema... |
|
Leer más...
|
|
|
jueves, 13 de septiembre de 2007 |
|
A partir da segunda semana de setembro comezan de novo as actividades do Centro Cultural: coral, teatro, baile galego, pandareita, gaita e percusión e coral infantil. Para anotarse ás actividades podedes pasar pola secretaría os mércores de 18.oo a 20.oo.
As actividades para estes meses son: - Mostra de teatro afeccionado, o 22 de setembro - Actuación do grupo de baile "Rueiro", 7 de outubro - Excursión a Ponferrada, 20 de outubro
Para máis información visitade a web de Rueiro: www.rueiro.info |
|
|
miércoles, 12 de septiembre de 2007 |
|
Adiantamos parte da programación da asociación de mulleres para este fin de ano: - Pintura e patchwork - Ioga, taichi, danza oriental e petanca - Curso de formación: "Tempo das mulleres" Para máis información pasar pola secretaría que está aberta todos os luns de 19.00 a 20.00. |
|
|
martes, 04 de septiembre de 2007 |
|
O motivo da reunión é programar a educación na fe en todos os ciclos, para isto é necesario saber que persoas van a desenvolver esta función nas distintas etapas. A reunión será o sábado 15 e comezará a partir das 10.00 da mañá e contase con rematar ás 13.00 |
|
|
martes, 11 de septiembre de 2007 |
|
O sábado 8 de setembro máis de medio centenar de personas da nosa comunidade peregrinamos á Nosa Señora do Monte de Mazaricos (A Coruña) a celebrar con outr@s Galeg@s a "XXX Romaxe de crentes galegos"...  |
|
Leer más...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 241 - 255 de 289 |