|
martes, 09 de octubre de 2007 |
|
Deixamos o enlace desta páxina elaborada por membros da Cova dos Ratos na que poñen á nosa disposición receitas vexetarianas. Na páxina hai moitas propostas de receitas vexetarianas, están ben explicadas e son sinxelas e sobre todo moi ricas... Así que botade unha ollada e liberadevos de complexos. Podedes probar moitos dos menús na Cova dos Ratos (Romil 6) a web é: receitas.arkipelagos.net |
|
|
lunes, 08 de octubre de 2007 |
|
Este sábado 6 de outubro un cento de persoas convocadas por precarias en loita percorremos as rúas do casco vello e do barrio do Cura para denunciar o abandono e a especulación destas zonas. Máis dunha ducia de persoas pertencíamos á comunidade e xunto a outros colectivos da cidade sumámonos para berrar polas inxustizas no terreo da vivenda. Máis información na web de precarias e fotos na de Luar. |
|
|
lunes, 08 de octubre de 2007 |
|
Este sábado tivo lugar a presentación do curso de catequese 2007-2008, no Seminario Maior San Xosé coa presencia do bispo. A dita presentación asistiron catequistas de toda a diócese -tamén nos- e o delegado diocesán para a catequese que aproveitou para explicar o plan trienal de acción na catequese 2007-2010... |
|
Leer más...
|
|
|
miércoles, 03 de octubre de 2007 |
|
O domingo 14 de outubro ás 12.30 terá lugar a celebración comunitaria do envío. |
|
|
lunes, 01 de octubre de 2007 |
|
Esta semana comeza o curso de catequese 2007/08, recordar que os horarios e días son: - Iniciación (2º primaria): martes 19.00 a 20.00 - Comuñón (3º primaria): sábados 12.00 a 13.00 - Postcomuñón (4º, 5º, 6º e 1º ESO): domingos de 11.30 a 12.30 - Adolescentes e confirmación: martes de 20.00 a 21.00 (día por confirmar)
|
|
|
lunes, 01 de octubre de 2007 |
|
A partires do luns 1 de outubro o horario de misas pasa a ser o seguinte: - Días laborables e sábados: 19.30 - Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (língua galega) e 12.30. A misa d@s nen@s desaparece do horario semanal de misas e será sustituido por unha eucaristía familiar, que celebraremos aproximadamente cada seis semanas. Avisarase oportunamente do calendario anual destas celebracións.
|
|
|
viernes, 28 de septiembre de 2007 |
|
O grupo Imán xunto a membros da comunidade e do comité en defensa d@s pres@s Concepción Arenal aproveitaron o día da Mercé para denunciar a masificación da cade da Lama e o incumprimento da lexislación en materia de reeducación, de atención ás persoas enfermas, etc. Máis información na Voz de Galicia e no diario 20 minutos . |
|
|
jueves, 27 de septiembre de 2007 |
|
Este sábado 22 de setembro tivo lugar unha reunión do colectivo Verapaz na parroquia. A razón da mesma era preparar o "Congreso de xustiza e paz" que os días 28, 29 e 30 de marzo vaise celebrar na nosa comunidade. O programa está case rematado e en breve o publicaremos.
Lembramos que no ano 2000 a nosa comunidade albergou unha edición deste congreso con grato recordo para tod@s, polo que estamos a traballar para que no 2008 disfrutemos deste espazo de reflexión e celebración da fe.  |
|
|
viernes, 21 de septiembre de 2007 |
|
Este ano xa vos dicíamos que o despacho da traballadora social ía sufrir algúns trocos, e todo isto para intentar construír un servizo de información de dereitos sociais. Con el queremos varias cousas: - Informar realmente das axudas sociais (contías, requisitos, documentación). - Denunciar publicamente as inxustizas no eido dos servizos sociais. - Favorecer a mobilización das persoas afectadas pola pobreza e a precariedade. Estamos na actualidade preparando unha campaña de presentación do servizo polo que xa teredes máis novas. |
|
|
lunes, 17 de septiembre de 2007 |
|
Xa está aberto o prazo de inscrición (do 17 ao 1 de outubro) para o curso 2007/08 da catequese. Para anotarvos compre pasar polo despacho parroquial calquera día da semana de 20.00 a 21.00 Tan só tedes que levar 2 € para gastos de material e unha foto. Lembramos os días e horarios da catequese: Iniciación: martes de 19.00 a 20.00 Comuñón: sábados de 12.00 a 13.00 Poscomuñón: domingos 12.00 a 13.0 Adolescentes: martes de 20.00 a 21.00 (horario por confirmar) |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 226 - 240 de 279 |