« < Diciembre 2008 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

Sin eventos

Horario misas

Luns a sábado: 19.30

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio
Artigo de Leonardo Boff
viernes, 29 de febrero de 2008

Presentamos este artigo de Leonardo Boff titulado "O rescate da utopía" que podedes ler en Atrio.

Aquí tedes unn anaco: "No desamparo no que se atopa a humanidade actual faise urxente rescatar o sentido libertador da utopía. En verdade, vivimos no ollo dunha crise de civilización de proporcións planetarias. Toda crise ofrece oportunidades de transformación e riscos de fracaso. Na crise mestúranse medo e esperanza, especialmente agora que estamos xa dentro do proceso de calentamento planetario."

Image

 
Concentración contra o peche da unidade de fisioterapia
jueves, 28 de febrero de 2008

Profesionais e pacientes da unidade de fisioterapia do Centro de Saúde do noso barrio concentráronse contra o anuncio de peche deste servizo.

A plataforma de fisioterapeutas denuncia a precariedade na nosa cidade desta rama asistencial, en contraste coa súa situación noutras poboacións de Galicia. Esta mesma plataforma está a recoller sinaturas para presionar á administración neste sentido.

Image

 
Outra campaña posible no concello de Vigo
jueves, 28 de febrero de 2008

O sábado pasado os veciños do centro da cidade recibían un presunto bando do alcalde no que se anunciaba un acordo coa inmobiliaria de Karpin para convertir o antigo asilo de Pi y Margall en albergue e comedor municipal para os sen teito e nun espazo de uso social para colectivos.

Esta acción foi realizada por un grupo da cidade co obxectivo de facer reflexionar aos cidadán sobre o papel que xogan os políticos e o que poderían xogar.

Por desgraza na campaña real non teñen cabida estas novas, pero alómenos permítenos pensar noutra cidade posible. Podedes ver a imaxe na parte de descargas co nome de "Bando concello".

 
Artigo de Quintín "Bispos ante as eleccións: mellor orfos"
miércoles, 27 de febrero de 2008

O noso compañeiro Quitín -dominico de Babilafuente- achéganos un artigo publicado en El País no que expresa a súa opinión sobre as declaracións feitas pola xerarquía eclesiástica ante as eleccións. Podedes ler o artigo neste enlace

Image

 
Acto en defensa dos Dereitos Humanos en Colombia
martes, 04 de marzo de 2008

Neste acto censurase a política exterior do Goberno de España permisivo coas violacións de Dereitos Humanos que se están a producir en Colombia.

Será o xoves 6 de marzo ás 20.00 na rúa Urzaiz 180, fronte á sede do PSDEG-PSOE. Convocan o acto: Altermundo, Amarante, Caleidoskopio, GAS e Verdegaia.

Leer más...
 
Asemblea e actividades asociación mulleres Dorna
lunes, 25 de febrero de 2008

O pasado 14 de febreiro tivo lugar a Asemblea Xeral de Dorna coa asistencia dun bo número de socias.

O 28 de febreiro comeza un novo curso: "Cultura galega" será os xoves de 18.00 a 20.00, para anotarse podedes acudir por secretaría os luns de 19.00 a 20.00.

Image

 
A Deputación ofrécese a construír o Centro Cultural
lunes, 25 de febrero de 2008

Os veciños asistimos a un novo acto no camiño de ver realizada unha aspiración de máis de 25 anos. Agora a Deputación Provincial ofrece ao Concello de Vigo a posibilidade de facerse cargo da construción do Centro Cultural de A Bouza.

Leer más...
 
Artigo sobre o actual modelo de vida
miércoles, 20 de febrero de 2008

Presentamos este artigo aparecido en Rebelión sobre as consecuencias do noso modelo de vida sobre a Terra. O artigo títulase "Malas y buenas noticias".

 
Acto en recordo dos compañeiros mortos na Lama
martes, 19 de febrero de 2008

Presentamos aquí o manifesto lido no acto celebrado o martes 19 na praza da Constitución en recordo dos compañeiros mortos na cadea:

EN HONRA DE DÚAS PERSOAS FINADAS NO SEGUNDO FIN DE SEMA DO MES QUE ANDAMOS

Benqueridas amigas e amigos:

Xuntámonos hoxe aquí para honrar a memoria de dúas persoas finadas recentemente e para acompañar na dor as súas familias.

Unha destas persoas finou na prisión de A Lama, era irmán dun compañeiro de Sereos Casco Vello e temos a necesidade aprémante de pedir publicamente A HUMANIZACIÓN URXENTE DA PRISIÓN DE A LAMA.

 
Manifestación de Galiza non se vende
domingo, 17 de febrero de 2008

Miles de galegos e galegas mobilizáronse onte en Compostela nunha grande manifestación para dicir non á degradación que está a sufrir a nosa terra.

Podedes ler as diversas crónicas do acto nas webs de: Galiza non se vende, Vieiros e a Voz de Galicia.

Image

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Siguiente > Final >>

Resultados 211 - 225 de 368