« < Diciembre 2008 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

Sin eventos

Horario misas

Luns a sábado: 19.30

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio
Manifestacións contra a guerra de Iraq
lunes, 17 de marzo de 2008

Onte, unha vez máis, miles de persoas saíron á rúa en todo o estado baixo o lema de NON Á GUERRA. Esixíase o retorno das tropas españolas no Líbano e Afganistán e o fin da ocupación en Iraq.

Cinco anos despois da ocupación en Iraq non podemos esquencer que moitas persoas seguen a sofrer violencia, opresión e morte e que Europa ten moito que ver niso.

Podedes ler máis en Rebelión.

 
Movemento Cidadán convida a Santi Domínguez a coñecer o estado do barrio
jueves, 13 de marzo de 2008

Podedes ler a nova no xornal do concello en: xornal.vigo.org

 
Preparación das celebracións da Semana Santa
jueves, 13 de marzo de 2008

As datas e horarios para a preparación das celebracións da Semana Santa son:

Domingo de Ramos: o xoves 13, ás 19.30

Xoves Santo: o luns 17, ás 20.00

Oración da mañá do Venres: o martes 18, ás 20.30

Venres Santo: o martes 18, ás 20.00

Vixilia Pascual: o martes 18, ás 20.00

 
Os rapaces e rapazas da parroquia celebran a chegada da Semana Santa
miércoles, 12 de marzo de 2008

A Semana Santa tivo un bonito preludio na celebración realizada polos rapaces de 15 a 17 anos dos grupos de educación na Fe.

A celebración tivo lugar este martes -11 de marzo- e nela os rapaces fixeron seus estes días tan sinalados ofrecendo símbolos cercanos as súas vidas. Como toda celebración, tivemos despois un momento de encontro, onde o bo humor reinou entre todos eles.

 
Campaña de socios/as da parroquia "Cristo da Victoria"
martes, 11 de marzo de 2008

Como moitos xa sabedes, dende o seu nacemento hai máis de 30 anos, a nosa parroquia optou por ser un espazo comunitario e aberto para todo o noso barrio.

A diferenza doutros modelos, nós temos apostado por unha Igrexa que ofrece de balde todos os servizos relixiosos e mesmo pon a disposición de diversas asociacións e entidades do barrio as súas instalacións. Este modelo de funcionamento, precisa sen embargo da colaboración voluntaria de todos/as para o seu sostemento.

Se podes e queres participar como socio/a da Parroquia ofrecémosche a posibilidade de facelo mediante o pago directo á persoa que no teu bloque se encarga desta cobranza ou, se che resulta máis cómodo, mediante domiciliación bancaria a través do formulario que poñemos á túa disposición.

Mesmo se xa estás colaborando, pedímosche que cubras un destes boletíns (boletín1 e boletín2) de subscrición, para facernos máis doada a renovación dos teus datos.

 
Acto de rúa contra o gasto militar e pola obxección fiscal
lunes, 10 de marzo de 2008

O Espazo Aberto Antimilitar presenta a campaña 2008 contra o Gasto Militar e pola Obxección Fiscal, será o sábado 15 ás 18:00 no cruce de Colón con Príncipe.

"Gastan 25.066.870.000 € totais, 520 € por persoa ao ano, máis do 12,4% do Gasto Público. E ti...Non o gastarías doutro xeito?"

Máis información neste documento e na web: www.nonaogastomilitar.org

 
Corto: "La M manda"
viernes, 07 de marzo de 2008

Presentamos este corto dun minuto de duración titulado "La M manda" cargado de poesía e denuncia do sistema capitalista.

 
As "Imanciñas" celebran o día da muller
viernes, 07 de marzo de 2008

As “Imanciñas” do grupo de autoapoio "Imán" desexamos facer público que o sábado imos participar nas actividades que se organizan na praza 8 de Marzo, na rúa Camelias, e facer visible as carencias, estigmatización e exclusión que vimos sufrindo as mulleres con problemas de adiccións a sustancias tóxicas.

Esta exclusión faise insoportable cando as propias normas das Casas de acollida de protección á muller maltratada réxense por normas excluíntes que nos veñen deixando fora polo feito de padecer adiccións e/ou enfermidades infectocontaxiosas non xustificable dende o punto de vista clínico.

 
Corto animación: "Mundo imposible"
viernes, 07 de marzo de 2008

Presentamosvos este corto titulado "Mundo imposible" que gañou un concurso convocado por Manos Unidas.

Máis info na web: www.alternativaglobal.org

 
Carta de Casaldáliga: "Parar a roda bloqueando os radios"
jueves, 06 de marzo de 2008

Presentamos a última carta de Pedro Casáldaliga titulada "Parar a roda bloqueando os radios".

Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Siguiente > Final >>

Resultados 196 - 210 de 368