Xa son moitos os actos en recordo ou de protesta pola situación das persoas sen teito na nosa cidade. Onte día 26 de decembro ás 18.00 persoas do grupo Imán, compañeiros do bocateo, da comunidade, de Cruz Vermella, da Federación veciñal Eduardo Chao, etc. xuntáronse para recordar a Karl compañeiro morto na rúa a causa da pobreza.
A deixadez da clase política comeza a cansar, máis aínda cando asumiron o compromiso de construír o necesario albergue municipal como unha das primeiras medidas. Ante isto que teñan claro que estes grupos seguirán a berrar ata que se poñan medidas. Aquí tedes o texto lido na concentración.
Na web do Grupo de Axitación Social podemos ler o seguinte texto sobre a visión da CGT, Ecoloxistas en Acción e Baladre, os Orzamentos Xerais do Estado (PXE) dos últimos anos, e o previsto para o 2008, non son moi diferentes: baséanse en modelos de crecemento cada vez máis desiguais e insostibles.
Na semana en que Vitrasa e o Concello anunciaron a suba para o ano 2008, polo que o billete do autobús urbano pasará a cUstar 1,08 €, fixemos en Vigo un acto para contribuÍr a que a veciñanza de Vigo reflexione sobre o modelo urbano e de transporte que sufrimos na nosa cidade. Así como o abusivo de que empresas privadas cobren prezos abusivos e se lucren cunha necesidade básica na nosa sociedade como é o tranporte.
Arredor das 17.00 do sábado 22, medio cento de persoas acudimos á convocatoria de Precarias en Loita para reivindicar o Dereito Social ao Transporte, na Porta do Sol de Vigo.
Circula en internet unha campaña de emerxencia para salvar as negociacións do cambio climático en Bali. EEUU, Canadá e Xapón opoñense a un tratado pos-Kyoto para frenar os estragos do calentamento global e tratando de convencer a outros países e facer o mesmo.
Que non se salgan coa súa! Asina seguindo este enlace.
O grupo IMÁN convoca hoxe mércores ás 18.00 unha concentración na praza da Princesa en recordo do compañeiro de Sereos que apareceu morto na rúa na noiteboa.
A concentración servirá para continuar berrando porque estas situacións non se volvan a repetir que alomenos as persoas sen teito da nosa cidade teñan un albergue municipal.
Termina 2007 mientras al menos 76 personas están condenadas a muerte en Irán, por un delito cometido cuando eran menores de edad.
Makwan, una de ellas, acaba de ser ejecutado. Ali Mahin, otra de ellas, aguarda el inminente cumplimiento de la sentencia que le condena al más cruel e inhumano de todos los castigos, la muerte. Ali espera que alguien haga algo para frenar esta siniestra cuenta atrás.
Por eso te pedimos que envíes ahora mismo tu protesta a las autoridades iraníes para que sea anulada de inmediato la condena que pesa sobre Ali Mahim y el resto de personas condenadas. Y también queremos pedirte que te unas a Amnistía Internacional, un movimiento de personas que trabaja contra la pena de muerte desde hace 60 años. Anton, debemos usar nuestra voz y libertad para defender la de quien ni tiene voz, ni tiene esperanza.