|
martes, 05 de febrero de 2008 |
|
Nestes días os medios de masas están a centrar a súa atención nas declaracións dos bispos sobre as eleccións de marzo e a resposta ofrecida polo goberno.
Fronte a isto propoñemos estes "Outros criterios de Igrexa para votar responsablemente" publicados en Rebelión digital. Tamén son interesantes: a nova publicada en Redes Cristiás que recolle a opinión da Asociación de Teólogos e Teólogas Juan XIII sobre a nota da comisión permanente da Conferencia Episcopal, podedes ler a nova neste enlace e o artigo de Cristianos polo Socialismo ante a declaración. |
|
Leer más...
|
|
|
martes, 05 de febrero de 2008 |
|
Lemos no portal Insurgente a seguinte nova sobre o aumento da tasa de desemprego:
"A escasas semanas das eleccións, o paro rexistrou o seu peor xaneiro da última década e deixou o total de persoas inscritas nas oficinas do antigo Inem no maior nivel da lexislatura, ata supera nuns 80.000 o total de parados que os socialidemócratas atopáronse cando chegaron ao poder en marzo de 2004. Así, e segundo os datos feitos públicos hoxe polo Ministerio que dirixe Jesús Caldera, o desemprego rexistrado nos Servizos Públicos subiu un en 132.378 persoas (un 6,22% máis) durante o pasado mes con respecto a decembro de 2007, co que a cifra total de desempregados situouse en 2.261.925"
Podedes ler a nova completa en Insurgente.
 |
|
|
viernes, 01 de febrero de 2008 |
|
O colectivo “Xogo Descuberto” nace no ano 2005 en Coia formado por un grupo de xente con inquedanzas artísticas - especialmente musicais -, políticas, sociais, etc.
Exemplo do traballo do colectivo son a revista de crítica social e difusión cultural "Xogo descuberto", concertos, a reconquista da illa de Toralla...
Nestes días estrean presenza na rede con este blog: www.xogo-descuberto.blogspot.com
 |
|
|
domingo, 10 de febrero de 2008 |
|
O Grupo de autoapoio VIH/Sida e Adiccións “Imán” dexesamos informarvos que o martes, día 12 de febreiro, ás 11 da mañá, nos atoparemos na Praza da Constitución para honrar ao noso amigo Antonio recentemente finado, compañeiro dos espazos de encontro Café-Calor e Bocateo, no programa “Sereos Casco Vello”.
Neste acto presentaremos unha campaña de convivencia saudable no barrio. Se podes achegarte, a túa compaña nos fará moito ben.
 |
|
|
viernes, 01 de febrero de 2008 |
|
O martes de carnaval ás 17.00 celebrase o festival de entroido no salón de actos da parroquia para que acudan os nenos e nenas do barrio.
 |
|
|
jueves, 31 de enero de 2008 |
|
O grupo Imán e o programa Sere@s do Casco Vello celebraron onte mércores o Día Internacional da Non Violencia e a Paz cun acto presentado por Antón Bouzas, coordinador do grupo, no Centro Cívico Casco Vello.
O encontro abriuse cunha breve charla de Luís Cendón, portavoz do Imán, sobre a campaña As navallas, perigosa compaña. Vigo capital mundial da movida de cidadáns sen navallas na rúa, realizada ao longo do 2007.
Ademais, o portavoz das persoas sen teito, Iván Vasconcellos, presentou a campaña deseñada para o 2008, dando lectura ao fragmento inicial do texto do xefe indio Seattle ao presidente de EEUU en 1855.
A continuación a escritora An Alfaya recitou dous poemas seus: o primeiro sobre a hipocresía coa que é usado o termo “solidariedade” na nosa sociedade, e o segundo sobre a prostitución.
Nese momento abriuse un coloquio entre os participantes no acto, que se pechou cunha interpretación musical con flauta travesera a cargo de Sabela González.
Ás 8:30 todas as persoas presentes no Centro Cívico desprazáronse portando veas acendidas á Praza da Constitución, onde se repetiron as intervencións musical e literaria, procedeuse á lectura dun breve comunicado no que se solicitou o fin da violencia e as guerras no mundo, e gardouse un minuto de silencio por todas as vítimas da violencia. |
|
|
lunes, 28 de enero de 2008 |
|
O Grupo de autoapoio VIH/Sida e adiccións ”Imán” e “Sereos Casco Vello” desexamos informarvos que este mércores, 30 de xaneiro, día internacional da non violencia e a paz, imos a desenvolver un encontro reflexivo, baixo o tema “A navalla, perigosa compañía”, no centro cívico do Casco Vello, na rúa Oliva nº 12 (lateral esquerdo da igrexa Colexiata), de 19.00 h a 20.30 h.
O programa do acto será o seguinte:
- 19.00 h: Resultados, análise e avaliación da campaña do día internacional do pasado ano 2007, onde declaramos a cidade de Vigo, “Capital mundial da movida de cidadáns sen navallas na rúa”.
- 20.30 h: con velas e fachos saímos ata a Praza da Constitución para denunciar todo tipo de violencias.
 |
|
|
lunes, 28 de enero de 2008 |
|
Informamos de que a semana pasada tivemos a segunda sesión das "Xuntanzas de familia".
De novo resaltar o éxito de participación e aproveitamento das mesmas nso diversos ciclos da educación na fe. Por si queredes deixamos na sección de descargar un dos documentos empregados na sesión "Deus de Xesús".
 |
|
|
viernes, 25 de enero de 2008 |
|
Recomendamos este novo artigo do noso compañeiro da comunidade de Babilafuente -Quintín García- titulado "Kyries por la civilización cristiana".
Podedes lelo na web de Atrio.
 |
|
|
miércoles, 23 de enero de 2008 |
|
Este sábado 26 despois da misa, é dicir, ao redor das 20.00 o Comité Óscar Romero convídanos a celebrar o Día da Paz.
Neste ano a proposta é un videoforum na capela, proxectando un documental coa intención de provocar a reflexión entre os presentes. O acto rematará coa lectura conxunta dun manifesto.
Lembramos que o sábado pola mañá os rapaces da catequese terán xogos e obradoiros na praza do pobo.
 |
|
|