« < Agosto 2008 > »
L M X J V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Próximos eventos

Sin eventos

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.00 (galego) e 12.30

Enquisa

Que che parece a páxina?
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Inicio
IMÁN despide a Antonio e presenta a campaña
miércoles, 13 de febrero de 2008

O grupo IMÁN xuntouse onte pola mañá na Praza da Constitución para recordar a Antonio, compañeiro de Sereos, que finou nom hospital.

Ademais o acto serviu para presentar a campaña “Estás no Casco Vello, Estou no Casco Vello”.

Deixamos o manifesto do acto para que lle botedes unha ollada.

Image

Leer más...
 
Catálogo aberto de criterios para decidir o voto en Galicia
miércoles, 13 de febrero de 2008

Na Coordinadora de Crentes Galegos estamos integrados católicos e católicas que gustamos de practicar a nosa fe sen deixar de practicar a nosa galeguidade, nin renunciarmos á nosa intelixencia.

Por iso, cando se trata de votar, temos dúbidas de que un só partido sexa quen de asumir toda a enerxía transformadora e todos os soños feitos vida que provocaron que Xesús de Nazaré morrese de “morte matada”, e non por accidente cardio-vascular...

Leer más...
 
Mitos sobre os inmigrantes
domingo, 10 de febrero de 2008

Nos comezos da campaña electoral sae no debate a cuestión da inmigración a raíz da proposta de Rajoy de facer un "contrato de integración" aos inmigrantes. Ao marxe das opinións que poidades ter sobre esta proposta e as súas consecuencias aquí tedes algúns datos sobre a inmigración recollidos nun artigo de Público e esta foto para refrescar a memoria.

Image

 
Comisión de enfermos
miércoles, 06 de febrero de 2008

A comisión de enfermos é unha das plataformas menos coñecidas dentro da acción social da comunidade, malia que leva anos facendo unha labor moi importante.

O grupo, que se reune os luns ás 20.00, dedícase a visitar veciños e veciñas que precisan de acompañamento ben por enfermidade ben por soedade.

Aquelas persoas que precisen de visita ou que queiran formar parte do grupo que se acheguen ás reunións ou que pregunten por Joaquín ou Charo.

Image

 
Spot de Amnistía Internacional
jueves, 07 de febrero de 2008

Amnistía Internacional na súa loita pola defensa dos dereitos humanos presenta dentro da súa campaña "O poder da túa voz" este anuncio que ven cargado de polémica como podedes ler na súa web.

 
Artigos de Leonardo Boff e José Mª Castillo en Atrio
martes, 05 de febrero de 2008

Podedes ler na web de Atrio un artigo de Leonardo Boff co título A onde estamos fuxindo? e outro artigo de José Mª Castillo titulado O Vaticano e a campaña electoral.

 
Galiza non se vende: manifestación contra a destrución do territorio
lunes, 28 de enero de 2008

A manifestación será o domingo 17 de febreiro en Santiago de Compostela, a saída será dende a Alameda ás 12.00 h.

Podedes ler máis información na súa web: www.galizanonsevende.org

Image

 
Concentración pola morte de dous compañeiros na Lama
sábado, 16 de febrero de 2008

A pasada semana finaron dúas persoas veciñas de Vigo en condicións especialmente duras, unha de elas no centro penitenciario de A Lama.

Por prudencia e pudor non imos dicir en que condicións nin os seus nomes.

A persoa finada na cadea era irmán dun compañeiro de Sereos.

Na honra dos finados e acompañamento no duelo aos seus familiares e amigos, o vindeiro martes 19 ás 11 da mañá, na Praza da Constitución imos facer unha concentración; marcaremos no chan un espacio, simulando ser o patio da prisión de A Lama e durante 15 minutos permaneceremos nese espacio, a poder ser descalzos, só con calcetíns vermellos.

Image

 

 
Outros criterios da Igrexa para votar responsablemente
martes, 05 de febrero de 2008

Nestes días os medios de masas están a centrar a súa atención nas declaracións dos bispos sobre as eleccións de marzo e a resposta ofrecida polo goberno.

Fronte a isto propoñemos estes "Outros criterios de Igrexa para votar responsablemente" publicados en Rebelión digital. Tamén son interesantes: a nova publicada en Redes Cristiás que recolle a opinión da Asociación de Teólogos e Teólogas Juan XIII sobre a nota da comisión permanente da Conferencia Episcopal, podedes ler a nova neste enlace e o artigo de Cristianos polo Socialismo ante a declaración.

Leer más...
 
Aumento do desemprego
martes, 05 de febrero de 2008

Lemos no portal Insurgente a seguinte nova sobre o aumento da tasa de desemprego:

"A escasas semanas das eleccións, o paro rexistrou o seu peor xaneiro da última década e deixou o total de persoas inscritas nas oficinas do antigo Inem no maior nivel da lexislatura, ata supera nuns 80.000 o total de parados que os socialidemócratas atopáronse cando chegaron ao poder en marzo de 2004. Así, e segundo os datos feitos públicos hoxe polo Ministerio que dirixe Jesús Caldera, o desemprego rexistrado nos Servizos Públicos subiu un en 132.378 persoas (un 6,22% máis) durante o pasado mes con respecto a decembro de 2007, co que a cifra total de desempregados situouse en 2.261.925"

Podedes ler a nova completa en Insurgente.

Image

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Siguiente > Final >>

Resultados 151 - 165 de 294