|
domingo, 15 de junio de 2008 |
|
O sábado 14 de xuño celebramos a asemblea parroquial, como sabes espazo de reflexión e debate privilexiado dentro da vida parroquial.
A asemblea parroquial comezou facendo un repaso xeral das actividades do curso e acordos tomados. Logo da parada do café comezaron as propostas nas distintas areas: educación na fe, acción social, vida comunitaria e liturxia. Chegou así a reflexión, e tamén debate, sobre as medidas de futuro das que teredes novas nas próximas semanas.
 |
|
|
domingo, 15 de junio de 2008 |
|
Levan varias semanas os medios de comunicación de masas falando da crise económica que estamos a sufrir en España, de xeito que amosan datos do crecemento do PIB, saen declaracións do goberno con propostas para atallala, etc.
Todo isto choca con este titular publicado en El País: "A banca mellora os seus beneficios un 10% e descarta a crise"
"Privatizar as ganancias e socializar as perdas" e a frase que se me ven á cabeza, cada quen que se faga as súas preguntas...
 |
|
Leer más...
|
|
|
miércoles, 11 de junio de 2008 |
|
Nas páxinas de El País podemos ler hoxe unha nova sobre o manifesto no que Redes Cristianas defende a separación entre Estado e relixión e no que promove unha sociedade laica.
O artigo enteiro o tedes en El País, aquí tedes un anaco:
"Redes Cristianas, desde su doble pertenencia a la comunidad cristiano-católica y a la sociedad civil, apuesta por la independencia, respeto y colaboración entre ambas entidades y aboga por un Estado laico que supere el actual semiconfesionalismo encubierto y por una Iglesia sólo inspirada por el Evangelio y no sometida a ningún tutelaje del Estado". |
|
|
martes, 10 de junio de 2008 |
|
O Espazo Aberto Antimilitar pecha a campaña pola Obxeción Fiscal ao gasto militar cun acto na Cova dos Ratos, será o venres 13 de xuño a partir das 20.00 hs na Cova dos Ratos, no que haberá: sketchs teatrais a cargo de Semsumis(t)as, videos de accións antimilitaristas: Anti NATO (OTAN), música e petiscos.
Lembramos que o prazo para presentar a declaración da renda remata en xuño, polo que aínda estades a tempo de destinar unha parte dos vosos impostos a proxectos sociais á vez que denunciades o gasto militar do estado.
Máis info: www.nonaogastomilitar.org e www.bbvasinarmas.org
 |
|
|
martes, 10 de junio de 2008 |
|
Presentamos o artigo de José Mª Castillo co título "O que nunca se debe utilizar" que podedes ler na web de Atrio. Para facer boca aquí tedes un aperitivo:
A veces me da por pensar que muchas cosas se arreglarían en el mundo si nunca utilizáramos lo que no se debe utilizar. Según el Diccionario de la RAE, utilizar es “aprovecharse de una cosa”. Se trata, por tanto, de un verbo que, si se aplica como se debe aplicar, se usa sólo para referirse a “cosas”, nunca a “personas”. Y además se usa para referirse a aquellas cosas de las que “nos aprovechamos”.
 |
|
|
sábado, 14 de junio de 2008 |
|
Celebramos un ano máis a festa popular de "A Bouza" co lema: Estamos fartos de promesas. Centro Cultural, xa!
A asociación xuvenil Luar organiza a xeito de preámbulo unha acampada na Bouza, na que aproveitando a reivindicación do centro cultural, tratará de facer unha reflexión sobre participación cidadá e movementos de barrio.
 |
|
Leer más...
|
|
|
lunes, 09 de junio de 2008 |
|
O domingo 8 de xuño ás 19.00 horas na nosa parroquia tivo lugar o "Concerto Coral de Primavera" organizado polo Centro Cultural Rueiro. No que participaron tres corais: a coral Polifónica "Val do Fragoso", a coral "Eixil" de Cedeira (A Coruña) e a nosa querida coral do Centro Cultural Rueiro".
Comezamos cunha agradable sorpresa ao cantar a coral Infantil Rueiro. Ao final as tres corais xunto ao público cantamos: "Catro vellos mariñeiros" e "A rianxeira". Para rematar compartimos uns pinchos nos locais de abaixo!
 |
|
|
sábado, 14 de junio de 2008 |
|
A asemblea permanente de persoas sen teito , profesionais e voluntarios, ante a persistente situación de persoas enfermas maldurmindo en choupanas, convocamos para o martes, día 17 de xuño, na rúa do Principe, diante do museo Marco, a partir das 18.00 h, un acto solidario para recaudar fondos económicos e poder así pagar as estancias dalgunhas persoas enfermas en pensións ou hostais.
 |
|
Leer más...
|
|
|
viernes, 06 de junio de 2008 |
|
Na Unión Europea pretenden aprobar unha directiva que establece un prazo máximo de detención dos inmigrantes “sen papeis” de ata 18 meses, e que permite que sexa unha autoridade administrativa, e non exclusivamente un Xuíz, o que decida a detención dos inmigrantes nos Centros de Internamento de Extranxeiros CIEs antes de proceder a expulsalos, e que establece tamén a detención de menores non acompañados.
Podedes ler máis info en: www.otromundoesposible.com e asinar unha declaración de protesta neste enlace.
Esta foto pode lembrarnos parte do noso pasado, bastante educativo por certo.
 |
|
|
jueves, 12 de junio de 2008 |
|
Aproveitamos para lembrarvos que este sábado 14 de xuño celebramos a Asemblea parroquial 2008. A xornada comezará ás 10.00 ata as 13.30, e retomaremos o traballo ás 16.00 para rematar sobre as 18.00 h.
Lembrade que as propostas hai que presentalas por escrito antes da asemblea. |
|
|