|
domingo, 20 de septiembre de 2009 |
|
Coma cada ano xuntámonos os catequistas para repasar o curso pasado e preparar a programación e o inicio da Catequese 2009-2010.
O ano pasado contamos con ao redor de 270 rapaces nas diferentes etapas da Catequese. Tras analizar o curso pasado etapa a etapa pasamos a preparar o vindeiro curso. Este ano tivemos diversas altas e baixas polo que aproveitamos para lembrarvos que se queredes botar unha man nesta tarefa seredes benvidos.
Lembrar tamén que está aberto o prazo de inscrición de nenos e nenas na Catequese, de luns a venres de 20.00 - 21.00. O inicio da Catequese será o día 03/10/09.
Sen máis despedímonos o grupo de educadares na fe.
Un saúdo.
 |
|
|
lunes, 21 de septiembre de 2009 |
|
O vindeiro sábado 26 de setembro de 10.00 a 12.00 a comunidade está convocada para a "Xuntanza de inicio de curso" na que repasaremos os acordos alcanzados na asemblea parroquial, repasaremos o calendario parroquial e tamén importante veremonos as caras para coller o curso con ánimos renovados.
 |
|
|
domingo, 20 de septiembre de 2009 |
|
A prensa recolle outra traxedia máis diante das costas españolas, na que morreron oito persoas que estaban preto de chegar a bordo dunha patera ao islote de Perejil, entre os mortos había sete mulleres algunha delas embarazada.
Estamos cansos destas traxedias, chega o momemnto de poñerlle fin, e mentres dende o Goberno anuncian outra reforma na lei de estranxería con más restriccións. Javie Baeza escribe estas liñas sobre a traxedia co título "La cosa continúa".
 |
|
|
martes, 15 de septiembre de 2009 |
|
A prensa local recolle as declaracións realizadas pola asociación de veciños do Casco Vello na que pidan que se abra con urxencia o albergue na Gota de Leite, podedes ler as novas publicadas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.
 |
|
|
lunes, 14 de septiembre de 2009 |
|
O pasado sábado 12 de setembro un grupo de membros da comunidade achegouse a Aguiño para celebrar xunto a miles de persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia a XXXII Romaxe de Crentes Galegos.
Achegamos as novas aparecidas en El Correo Gallego en na Voz de Galicia sobre a romaxe.
 |
|
|
domingo, 13 de septiembre de 2009 |
|
Lembramos que na asemblea parroquial fixamos o decrecemento como tema para reflexionar ao longo do ano nas comunidades, por esta razón achegamos este artigo de Manoel Santos titulado "Decrecer ou... decrecer" que podedes ler en Altermundo.
 |
|
Leer más...
|
|
|
jueves, 10 de septiembre de 2009 |
|
Achegamos esta reflexión elaborada no XXIX Congreso de teoloxía: "O cristianismo ante a crise económica".
 |
|
Leer más...
|
|
|
jueves, 10 de septiembre de 2009 |
|
Estamos a un mes de que comece a II Asemblea de Redes Cristiás que este ano celebrarase en Bilbao o 10 e 11 de outubro co título "Alternativas solidarias fronte á crise".
Toda información desta asemblea a podedes atopar na web: www.asamblearedescristianas.net, seguramente un grupo da comunidade achegarase á asemblea pero adiantamos que está aberto o prazo de inscrición.
 |
|
|
miércoles, 09 de septiembre de 2009 |
|
Benquerida Irimega, benquerido Irimego: Sirvan estas letras para dicirche que o segundo sábado de setembro, neste caso o día 12, agárdante en Aguiño para celebrar a XXXII Romaxe de crentes galegos que nesta ocasión ten coma lema: “UN MAR DE GRAZAS”.
 |
|
Leer más...
|
|
|
martes, 08 de septiembre de 2009 |
|
Podemos ler no blog vigoblog.blogspot.com un artigo baixo o título "Bolsa caca" no que reflexionan sobre algunhas cuestións da campaña lanzada pola cadea de supermercados Carrefour na que anuncian a supresión da gratuidade da bolsas de plástico nos seus establecementos.
 |
|
Leer más...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 121 - 135 de 717 |