« < Marzo 2010 > »
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Próximos eventos

sábado 13 de marzo
17:00 h
- 18:30 h
Charlas de Coresma

Horario misas

Luns a sábado: 20.00

Domingos e festivos: 9.30, 11.30 (galego) e 12.30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí

Subscribirse ao boletín

Novas


¿Acepta HTML?

Suscrición ao RSS

Inicio
Blog de Jose Maria Castillo
domingo, 18 de octubre de 2009

O teólogo José María Castillo estrea blog : josemariacastillo.blogspot.com; estas son as palabras do autor sobre a súa andaina na rede:

"Queridos amigos/as: he decidido poner en marcha un blog para comunicarme con la gente, decir cosas que pienso pueden ser de utilidad, ofrecer un espacio en el que quien quiera pueda también intervenir. Intentaré tenerlo al día; pero, como es lógico, contando con el mi tiempo limitado y con mis posibilidades que tampoco andan muy allá. Llegaremos hasta donde podamos. Y aceptamos - ya de entrada - todos los fallos."

 
Os actos contra a pobreza xiran ao redor da apertura da Gota de Leite
sábado, 17 de octubre de 2009

Este fin de semana a Gota de Leite estivo moi arropada por centos de persoas que reclamaron a súa urxente apertura como albergue para as persoas sen teito. O venres arrincaban os actos cunha concentración diante do edificio que rematou cunha toma do mesmo, así un grupiño de persoas pasaron a noite nos xardíns do edificio (+info: Faro de Vigo) facendo numersosas actividades co fin de urxir a súa apertura.

Ao día seguinte unha manifestación recorreu as rúas de Vigo reclamando que a loita contra a desigualdade e a pobreza comece a ter un lugar importante na axenda política. O recorrido rematou na Gota de Leite onde se deu lectura do manifesto e onde se berrou: Non hai dereito a vivir sen teito! (+info: Faro de Vigo, Vieiros e Voz de Galicia).

 
Foro Social Mundial. Ética e esperitualidade
sábado, 17 de octubre de 2009

A fin de semana pasada varios membros da comunidade achegáronse a Sevilla para participar no "Foro Social Mundial. Ética e esperitualidade". Deixamos aquí un texto de José Sánchez Luque que repasa o foro.

Leer más...
 
20 millóns de persoas están en risco de morte pola fame
jueves, 15 de octubre de 2009

A ONU esixe ás grandes economías mundiais que coloquen á agricultura no centro da axenda política para erradicar o problema. Vinte millóns de persoas padecen 'fame severa' con perigo de morte inmediata. Máis información no artigo publicado no xornal Público.

 
A nova lei de estranxería e as súas consecuencias xurídicas, sociais na vida cotiá
miércoles, 14 de octubre de 2009

Presentamos este documento (o podedes descargar neste enlace) que analiza as reformas na lei de estranxería, aquí tedes a introdución:

"Reforma anunciada, esperada, necesaria para adaptar a lei á nova realidade da sociedade española que a inmigración configura.

Pero desacertada e inoportuna tanto dende o punto de vista dos dereitos e a integración das persoas inmigrantes coma da construción unha sociedade máis democrática e máis garantista, máis igualitaria, cohesionar.

É unha reforma inoportuna porque o contexto socio-económico no que se puxo en marcha, é un contexto de crise económica, de destrución de postos de traballo, de incremento do paro sen precedentes, de aumento da precariedade para moitas familias."

 
Mobílizate contra a pobreza
miércoles, 14 de octubre de 2009

Achegamos este texto do Comité Óscar Romero animando á mobilización contra a pobreza nesta semana cargada de actos en Vigo e en moitas más cidades do estado.

Leer más...
 
Concentración cidadá na Gota de Leite
martes, 13 de octubre de 2009

O vindeiro venres 16 de outubro ás 18.30 hai convocada unha concentración cidadá diante do edificio da Gota de Leite para reclamar a súa apertura. Deixamos a continuación o texto da convocatoria da concentración.

Leer más...
 
Teresa Forcades lidera unha campaña contra a vacinación da gripe A
viernes, 09 de octubre de 2009

Unha monxa beneditina española, doutora en medicina, está a liderar unha campaña contra a vacinación da gripe A mediante un vídeo colgado en Internet (http://www.vimeo.com/6790193).

Teresa Forcades, autora tamén de "Os crimes das grandes compañías farmacéuticas" e "A teoloxía feminista na historia", expresa no vídeo a súa preocupación por que os gobernos poidan declarar obrigatoria a vacina contra o virus H1N1 debido, entre outras cousas, ao descoñecemento sobre os seus efectos secundarios.

Máis información en Publico e La Voz de Galicia.

 
Semana "Pobreza Cero"
viernes, 09 de octubre de 2009

A semana que ven celebramos en moitas localidades do Estado a semana "Pobreza Cero" que organizan diversas organizacións sociais como xeito de loita contra a pobreza e a desigualdade. O programa de actividades para Vigo é:

:: Rolda de prensa - Martes 13 de outubro ás 11.00 h. Na Casa da Cultura Galega

:: Cinefórum Pobreza Cero - Mércores 14 de outubro ás 20.00 h. No salón de actos da ONCE

:: Mesa redonda Pobreza Cero - Xoves 15 de outubro ás 20.00 h. No salón de actos da ONCE

:: Obradoiros e xogos cooperativos Pobreza Cero - Venres 16 de outubro ás 18.00. Na praza da Constitución

:: Manifestación galega por un pacto contra a pobreza!! - Sábado 17 de outubro ás 12.00 h. Da praza da Independencia ao albergue da Gota de Leite.

 
María Méndez acusa á Xunta de incumprir o seu compromiso e "deixar tiradas na rúa" aos sen teito
jueves, 08 de octubre de 2009

Segue o debate político aberto ao redor da apertura do albergue:

"A concelleira de Benestar Social, María Méndez, acusou este xoves á Xunta de "deixar tiradas na rúa a 300 persoas sen teito", en referenza ás declaracións expresadas onte pola conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, nas que aseguraba que non abriría o edificio da Gota de Leite como centro provisorio de emerxencia social. Asemade, a concelleira nacionalista criticou o incumprimento por parte da Xunta do convenio de colaboración entre o anterior vicepresidente, Anxo Quintana, e a anterior alcaldesa da cidade, Corina Porro, na que se recollía expresamente a posta en marcha desa infraestrutura."

Máis información na web do concello de Vigo.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 106 - 120 de 723