Aínda que faltan dous meses anunciamos que o 13 de setembro celebramos a XXXI Romaxe de Crentes Galegos baixo o lema de "Rexos coma carballos", no que queremos celebrar o privilexio de ser un pobo con raíces ben fondas. das que non queremos nin podemos desprendermos. O lugar escollida é a praia fluvial do Miño de Baltar (A Pastoriza - Lugo).
Dende a parroquia sairá un bus ás 7.30 da mañán, cómpre inscribirse acudindo ao despacho. Deixamos o enlace á nova publicada no canal Irimia en Vieiros, no que explican como chegar.
Un grupo de persoas, entre 25 –30, de todas as idades xuntámonos en Boñar (León) do 14 ao 24 de agosto co fin de disfrutar ,en contacto coa natureza. A experiencia foi moi enriquecedora ,compartimos a Vida e sentímonos comunidade de Comunidades, valoramos o positivo de estar xuntos e coñecernos mais adaptándonos uns aos outros: nenos, mozos e maiores.
Unha nova urxencia chéganos dende a zona do Curvaradó en Colombia e a comisión de Xustiza e Paz necesita do noso apoio.
Xustiza e Paz realiza dende hai anos unha valiosa labor de apoio á poboación afrocolombiana, desprazada do seu territorio por mor da expansión do monocultivo industrial da palma. Durante os últimos días, estiveron a recibir ameazas de morte por vía telefónica. A intención das chamadas maliciosas, é que os membros de Xustiza e Paz abandoen a zona, para dar vía libre aos ocupantes de mala fe do territorio ancestral dos afrocolombianos. Con isto, o agronegocio continuaría operando na zona sen obstáculos.
Faise importante nestes momentos, seguir presionando coas nosas cartas ás autoridades en Colombia, como levamos facendo nas últimas accións de apoio aos nosos compañeiros colombianos. Se queredes coñecer máis detalles do caso, e asinar o modelo de carta, entra na web: www.salvalaselva.org/protestaktion.php?id=308
¡Piratas! Este ano o colectivo Xogo Descuberto volve á carga.
O sábado 13 de setembro ás 18:00 horas precisamos unir forzas de novo para reivindicar unha Illa de Toralla aberta para todas e todos, e na que cesen por fin as aberracións arquitectónicas que destrúen por completo o seu patrimonio tanto natural coma cultural. De novo, a nosa protesta consistirá nunha marcha pirata a través da ponte e máis da auga (traede a vosa embarcación!), que rematará nunha concentración pacífica diante da barreira.
O sábado 30 de agosto un pequeño grupo de persoas, convocadas polo grupo Imán, concentrábanse na Praza da Constitución para presentar unha novedosa palabra que ven a designar unha vella realidade. Aporofobia é a palabra coa que Imán quere encher as rúas da cidade.
Hoxe comezaron pegando unha pancarta nun muro do Casco Vello e así ata conseguir que ese termo, creado pola catedrática Adela Cortina, cale nas nosas mentes. Podedes achegarvos ao termo a través do texto lido na concentración e a través da crónica Voz de Galicia.
Achegamos un vídeo titulado "O traballo infantil" da OIT (Organización Internacional do Traballo) a través do cal podedes achegarvos á realidade de moitos nenos e nenas obrigados a traballar. O podedes ver pinchando neste enlace.
Deixamos unha presentación da UNFPA na que se expoñe a situación e os problemas das 25 milleiros de mulleres que no mundo se ven desprazadas por mor das guerras. Está moi ben feito e dura ao redor de tres minutos, podedes miralo neste enlace.
Atopamos a web: www.miniature-earth.com na que podedes ver esta animación na que explica como sería a Terra se reduciramos a poboación da mesma á de unha aldea de 100 habitantes.
Lembramos que o estado español está a participar neste guerra con preto de 800 soldados, do mesmo xeito que tamén hai tropas españolas en: Bosnia-Herzegovina, Kosovo, Líbano e Chad.
Deixamos neste enlace a unha entrevista na que Leonardo Boff repasa moitos dos temas que marcan o seu pensar e vivir como: a teoloxía da liberación, a ecoloxía, o consumo excesivo, etc.