Este ano celebramos as charlas de coresma baixo o título "Lectura crente da realidade" e nas que nos acompañará Jesús Díaz. Serán o venres 12 de marzo ás 21h00 e o sábado 13 ás 17h00.
No terceiro capítulo da serie Historias do Mienio tratouse o obxectivo da igualdade entre os xéneros: "Con solo 10 años Srey Lyn logra vencer el miedo y nos cuenta los abusos que sufrió a manos de su padre. Cuando la historia de su violación corrió de boca en boca sus vecinos la señalaban y sus amigas ya no querían sentarse a su lado en el colegio. Forzada a abandonar Takeo, una pequeña aldea al sur de Camboya, su madre la lleva a un centro de acogida en la capital donde conoce a otras niñas que también han sufrido abusos. Allí le recomiendan que hable para poder olvidar y Srey Lyn decide escribir su historia en un diario. A través de sus páginas descubrimos cómo una niña tan pequeña es capaz de enfrentarse a su pasado para soñar con un futuro."
Recomendamos a lectura deste texto do xesuía Jon Sobrino que se titula: A urxencia de volver á igrexa dos pobres. Aos cen anos do nacemento de Don "Helder". No texto aparecen moitas claves e pistas para levar unha vida de acordo con Xesús e co evanxeo.
O concello anunciou en palabras da concelleira de Benestar Social, María Méndez, que o local onde ubicase na actualidade o programa de Sereos nas inmediacións da Porto do Sol deixará de funcionar como tal e que o programa o pasará a levar a asociación Vida Digna nun local situado na rúa Brasil.
Achegamos esta entrevista ao teólogo brasieiro Frei Betto no que repasa varios aspectos da realidade latinoamericana facendo fincapé na situación na que se atopa a Igrexa.
Pedro Casáldaliga agasallanos con este texto en conmeración dos 30 que se fan neste mes da morte de Monseñor Óscar Romero, no que lembra a coherencia nas nosas vidas é a mellor canonización de “San Romero de América, Pastor e Mártir”.
Hoxe 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller Traballadora, dende aquí queremos facer mención a unha parte desas mulleres traballadoras: as empregadas do fogar. Para iso animamos a que leades este texto de Marieta Manso co título: "1424/85".
Durante a pasada fin de semana xuntámonos ao redor de 50 persoas de media para reflexionar sobre o decrecemento como camiño cara o cambio social, no marco das xornada organizadas por ARELA nos locais parroquiais.
Achégase o tempo das comuñóns e o Faro de Vigo dedica unha nova sobre este tema, facendo fincapé no modo de facer estas celebracións na nosa comunidade. No artigo sinalan dous rasgos, as túnicas como vestimenta para todos os nenos e o horario de tarde das celebracións que propicia a posibilidade de facer uns festexos máis austeros.
Podemos ver na páxina Consume ata morrer un artigo sobre a famosa campaña "estosololoarreglamosentretodos" que estase a difundir a bombo e platillo co argumento de que hai que recuperar o optimismo. Se sustituimos optimismo por consumo queda dito todo...