Comunidade Base Coia |  A Comunidade

A Comunidade

Hai xa máis de 30 anos que foi erixida (así é como se di) a Parroquia do Cristo da Victoria no barrio de Coia. Dende os seus inicios, o que era unha pequena comunidade cristiá, quixo entender a súa fe unida ás ledicias e tristuras da veciñanza. Case todos éramos entón inmigrantes, xente das aldeas que apareceran en Vigo á quentura da industrialización.

A Parroquia do Cristo da Victoria é:

UNHA COMUNIDADE: un grupo de mulleres e de homes empeñados en desenvolver valores comunitarios, en vivir a nosa fe dende a fraternidade, nun espazo privilexiado no que todos e todas temos cabida e somos igual de importantes, un espazo dende o que vivir dun xeito alternativo baseado na austeridade compartida e na solidariedade.

UNHA COMUNIDADE CRISTIÁ: que ten como referente fundamental a Xesús de Nazaret, e que se sinte chamada a vivir en coherencia co seu exemplo e a espallar a súa mensaxe de vida, dignidade e xustiza.

UNHA COMUNIDADE CRISTIÁ POPULAR: que opta, como Xesús, polas persoas máis desfavorecidas; unha comunidade que pretende ofrecer unha alternativa dentro da Igrexa, a alternativa dunha «Igrexa dende e para os pobres», sempre ao servicio do proxecto liberador de Xesús.

UNHA COMUNIDADE CRISTIÁ POPULAR COMPROMETIDA: que non se sinte allea aos problemas do seu entorno, senón que entende como parte irrenunciable da súa fe a tarefa de transformar a realidade, tanto a nivel local, promovendo respostas asociativas que traballen pola xustiza e a promoción das persoas no noso barrio e na nosa cidade, como a nivel global, denunciando o sistema capitalista como causa estrutural de pobreza e exclusión e asumindo solidariamente a causa das persoas e pobos marxinados no mundo.

Así nos organizamos. . .

A nosa organización pretende ser participativa e igualitaria, segundo o modelo dunha grande comunidade parroquial, composta por pequenas comunidades ou grupos. Hai multitude de nenos, mozos e adultos que se xuntan semanalmente para afondar na súa formación humana e cristiá.

Xunto a estas comunidades -estrutura básica da parroquia- existen tamén asociacións, movementos e plataformas, que procuran a atención á muller, á xuventude, á cultura, aos valores ecolóxicos, aos máis desfavorecidos do barrio.

Con este mural, aínda que algo antigo, podedes facervos unha idea de como organízase a parroquia.

Compárteo:

  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Twitter
  • Meneame
  • Chuza
twitterrssfacebook

Buscar

Campamentos Vilán 2014

A nosa comunidade

Horarios misas

De luns a sábado: 20h00.


Domingos e festivos: 9h30, 11h30 (galego) e 12h30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h30 a 21h30

Boletín


Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago