Torres Queiruga: «Crer doutra maneira»

Nas Charlas de Advento tivemos o gusto de ter entre nós a Andrés Torres Queiruga. Os comentarios posteriores nas comunidades sobre a súa charla foron moi satisfactorios. Todos coincidían en que nos estaba axudando a «crer doutra maneira», algo que xa estabamos a facer desde hai tempo.

Publicamos aquí un artigo seu que recollemos da páxina web de «koinonia» con obxecto de que nos sirva de reflexión persoal e comunitaria. Leva por titulo «crer doutro xeito» e comenza así: «no Evanxeo dispoñemos da mellor, insuperable, imaxe de Deus aparecida na historia. Pero longos séculos de contaminación hana deformado, ata facela irrecoñecible en moitos puntos, que non sempre son os menos importantes. Aquí, mirando aos conceptos de fondo, sinalarei algúns que están a clamar con especial urxencia ser revisados a fondo, agrupándoos en tres capítulos: contra unha lectura deformada da creación, da redención e da espiritualidade…»