Concentración: Policía mentireira. Absolución para Diego!

Seguimos coa campaña de apoio ao compañeiro Diego, e coa denuncia da montaxe policial á que se ve sometido, e que fai que se enfronte a un xuízo no que se lle piden 3 anos e medio de cadea e máis de 30.000 € de responsabilidade civil.

Por esta razón o VENRES 21 de OUTUBRO convocamos unha CONCENTRACIÓN diante da XEFATURA da POLICÍA LOCAL de VIGO (Praza do Rei).

Acudiremos con mordazas e grilletes para visualizar a represión policial e institucional que se exerce continuamente contra as que defendemos a xustiza social.