O Camiño de Santiago

Neste tempo de vacacións estivais é moita a xente que emprende o Camiño de Santiago. E xa non só polo tradicional Camiño Francés. Reaparecen outros antigos camiños: Camiño Portugués, Camiño do Norte, Camiño da Ruta da Prata… José Antonio Pagola, neste artigo, explícanos o por qué profundo do peregrinar na vida.
«En poucos anos creceu de xeito insospechada o número de xentes, sobre todo novas, que percorren «O Camiño de Santiago». Non é fácil saber a que se debe exactamente tal atracción. Peregrinar é moito máis que facer deporte ou vivir unha aventura. Moito máis que emprender unha viaxe turística ou percorrer unha ruta cultural. Que buscan quens se poñen en camiño cara a Santiago?
O camiño foi desde moi antigo un símbolo empregado para significar a vida humana. Vivir é camiñar, dar pasos, marchar cara ao futuro. Díxoo de forma bela Jorge Manrique nas súas famosas Coplas: «Partimos cando nacemos andamos mentres vivimos e chegamos á vez que fenecemos así que cando morremos descansamos».
Quen peregrina longas horas fácilmente comeza a repensar a súa vida de peregrino por esta terra. O camiño é sempre marcha cara a adiante: cara a onde? O peregrino ponse en camiño por algo que lle anima a emprender a marcha. Sen meta non hai camiño senón un ir dunha parte a outra vagando sen sentido. Só a meta converte o percorrido en camiño. Só a meta dá sentido aos esforzos de cada día. A pregunta é inevitable: cal é a meta da vida?, cara a onde habemos de encamiñar os nosos pasos?
Sempre se emprende o camiño con esperanza e certo temor, con confianza e con incerteza. É necesario andar o camiño acertado, non extraviarse, non seguir camiños equivocados. Así sucede tamén na vida. Habemos de atopar o noso propio camiño: que quero facer coa miña vida?, a que quero dedicala? A grandeza dunha persoa mídese pola meta a que aspira e polo ideal que mobiliza os seus esforzos. Só cando segue a súa vocación persoal, sae o mozo da indefinición e do gregarismo. Co paso dos días, a peregrinación vaise convertendo en escola que permite afondar no esencial da vida. O cansazo, a marcha en silencio, a perseveranza no esforzo van conducindo ao peregrino cara ao fondo do seu corazón. É entón cando poden brotar as preguntas esenciais: NNon é Deus a meta última do ser humano? Non é a vida un peregrinar cara á nosa patria verdadeira? Non é Xesús o camiño que habemos de seguir para atoparnos co Pai?
A chegada a Santiago, o encontro co apóstolo testemuña do Señor, a acción de grazas a Deus, a súplica calada, a reconciliación sacramental e a participación na eucaristía pode culminar unha experiencia relixiosa renovadora como poucas».